As rapazas ceenses caen a terceira praza tras un moi bo encontro.
UC Cee 1-2 Xuventú Aguiño
Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Grandísimo partido das nosas xogadoras que sairon moi valentes a presionar a todo o campo aproveitando o vento a favor, poidemos sentenciar o partido na primeira metade pero o balón non quiso entrar en sendas vaselinas de Canosa, unha foi ó pao e outra saiu fóra por centímetros.
O Xuventú buscaba desplazamentos longos para buscar a espalda da nosa defensa e tivo Noemí dúas grandes paradas. Martínez non atinou a rematar unha gran asistencia de Canosa soa diante da porteira rival e o árbitro non quiso pitar un penalti por mans clarísimas da capitana rival expulsándome con cartón vermello directo por dicirlle “cantas porteiras teñen? Foi mano clarísima“.
Na segunda metade o partido igualouse e cando parecía que ía rematar en táboas un tiro lonxano supuso o 0-1, un gran gol. A mala fortuna nun rechace dun córner supón o 0-2 nun despexe de Uxía que da nunha contraria e entra pola escadra.
Non baixamos os brazos e recurtamos distancias no 92 cun gol de Martínez pero non dou tempo para máis”.
UC Cee : A acta do partido falta á verdade pois non reflexa o noso gol, esperamos que corrixan o erro.
(A que aquí refrexamos é reciticada por nós)
FICHA TÉCNICA
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.