TRUNFO DE MÉRITO DO FISOBER MASCULINO SENIOR ANTE UN RIVAL DIRETO QUE O ALONXA DOS POSTOS DE DESCENSO.

 PREFERENTE FUTGAL FS
12ª Xornada

 FISOBER FSF-5 CORUÑA FS “B”: 4-3

O Fisober acadou unha vitoria de moitísimo mérito nun encontro cargado de tensión, alternativas e emoción ata o derradeiro segundo. O duelo tivo que disputarse na noite do venres no PM Augusto César Lendoiro de Corcubión, ao non atoparse en condicións a pista das IDM O Conco por mor da humidade, o que provocou un comezo máis tardío do previsto.

 Primeira metade: porteiros en estado de graza

Coa clasificación apertada e ambos sabedores de que o derrotado caería a postos de descenso, o choque arrincou cun clima de auténtica final. O 5 Coruña FS “B” saiu máis dominante, obrigado pola súa situación, mentres o Fisober apostaba por defender sólido e golpear en rápidas contras.

O protagonismo nesta primeira parte tivo nome propio: Brais Dono, no bando costeiro, e Rubén Sabido no visitante, que evitaron unha e outra vez que o marcador se movese. Só nos instantes finais, unha contra perfectamente executada permitiu a Carlos abrir a lata no minuto 15, adiantando aos costeiros antes do descanso.

Segunda metade tola e final épico

A reanudación seguiu coa mesma tónica, con David Ozón (baixo paus tras o descanso) realizando intervencións de enorme mérito. O 5 Coruña atopou o empate no 21’, pero o Fisober respondeu e Carlos, nunha noite inspiradísima, fixo o 2-1 no 29’.

O encontro entrou nunha fase de auténtica tolemia. Entre os minutos 33 e 34, o equipo visitante aproveitou dous balóns soltos e un dubidoso dobre penalti para darlle a volta ao marcador (2-2 e 2-3). Un golpe duro… pero non definitivo.

Espoleados pola grada, os costeiros non só reaccionaron, senón que remontaron. No 37’, Carlos completaba o seu particular hat-trick tras unha contra letal, e cando restaban apenas 20 segundos, Juan Emilio roubaba un balón cun rival en inferioridade, avanzou desde medio campo e marcou o 4-3 definitivo, desatando a ledicia no banco e nas bancadas.

Tres puntos de ouro para un Fisober que demostrou carácter, resistencia e fe ata o último intre.

 FISOBER FSF: Brais, Champi, Mario, Pablo, Juan; tamén: David, Raúl, Iván, Álex, Carlos.
 5 CORUÑA FS “B”: Rubén, Marcos, Jairo, Pablo, Óscar; tamén: Ariel, Antón, Carlos, Gonzalo, Hugo, Diego, Brais.
 ÁRBITROS: Adrián Palacios Barral, Jesús Otero Baltasar, Paula Domínguez Area.
GOLES:
1-0 Carlos (15’)
1-1 David Ozón (21’ pp)
2-1 Carlos (29’)
2-2 Piñón (33’)
2-3 Piñón (34’)
3-3 Carlos (37’)
4-3 Juan Emilio (39’)

 Vindeira xornada

O Fisober visita ao Hércules FS, o vindeiro sábado 13 de Nadal a partires das 19:30 no Pabillón Francisco Javier, da Coruña no que será o seu último encontro como visitante deste 2025.

Clasificación

O Fisober sube a 9ª praza con 15 putnos deixando o descenso a 5 puntos que o marca o 5 Coruña “B”.

-Foto e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”