TRUNFO DE AUTOESTIMA DO XALLAS FEMININO ANTE UN DOS “COCOS” DA 1ª GALEGA, (3-2).

1ª GALEGA FEMININA
17ª Xornada

Xallas FC 3-2 Atl. San Pedro

Adrián García (adestrador do Xallas FC):

“Volvíanse a ver raios de sol sobre o Fontela e prometía unha bonita tarde de fútbol, e non defraudou. Xogabámonos moito contra un equipo da alta da táboa e con xogadoras de nivel profesional, pero non serían argumentos para evitar que, sendo fieis ao noso estilo, saísemos a polo partido. Así foi tal a presión que no minuto 4 Espasandín abriría a lata logo de irse de tres rivais. Sen tempo para repoñerse as rivais, chegaría o segundo logo dunha boa presión de toda a zaga ofensiva no minuto 5, na que Barcia lle deixa un balón a Graciela que manda ao fondo da rede.

Foron uns primeiros 20 minutos de asedio e a piques estivo de entrar o terceiro nun lanzamento lonxano de Espasandín que dá no travesaño. No minuto 22 conseguen marcarnos e elas véñense arriba. Retomaríamos a segunda metade como acabou a primeira, coas rivais buscando o empate, que chegaría no minuto 50 de falta.

Cando parecía que volvían as pantasmas das xornadas pasadas e que esa tarde na que por intres viramos o sol se ía anubrar, volvía Claudia Facal aos terreos de xogo para axudar ao equipo, o cal non baixou o pistón e seguiu loitando co empurro da afección ao son de “Xallas, Xallas…”, xa se añoraban eses cánticos.

Emocionantes minutos finais nos que Oli e Graciela foron substituídas polo gran esforzo, pero se algo bo ten este equipo é que as que temos no banco teñen o que teñen que ter. Así, Soraya, que apenas xogou cinco minutos, logrou controlar e filtrar un bo pase a Espasandín que, case na liña de fondo, lla coloca no segundo pau para que Facal marque o gol da vitoria no minuto 90.

ENORMES a xente que nos arroupa e animou ata o final, hoxe e sempre sodes o noso xogador número 12. Grazas a todos. SEGUIMOS ADIANTE”.

Gol : 1-0 Espasandín (3′); 2-0 Gracielaz (5′); 2-1 Rocío (22′); 2-2 Miranda (50′); 3-2 Claudia (92′).

Incidencias : O colexiado Xoel Forján expulsou con dobre cartón, (45+2 e 89´) o 2º ao adestrador do Xallas Chrístian Marzoa.

.

CLASIFICACIÓN

As da Fontenla mantéñense na 12ª praza con 14 puntos, catro por enriba do descenso directo.

18ª XORNADA

Non teñen parón polo Entruido e na vindeira xornada as xalleiras visitan ó Sporting Burgo, 15º clasificado con 10 puntos, o 15 de febreiro ás 16:00 horas, se non hai trocos, no Municipal A Lavandeira, (Cullereso). O Sporting Burgo é o que marca os postos de descenso.

.

-Foto : CF Dumbría Femenino

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentario : Eloy García