TRUNFO A DOMICILIO DO ED AS MIÚDAS, (2-4), NO PRIMEIRO ENCONTRO DO 2020 E DERRADEIRO DA 1ª VOLTA NA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3 ANTE O AD NICRANIENSE.

Os onces iniciais no “Cepelo” de Negreira.

 

AD Nicraniense 2-4 ED As Miúdas

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Primeiro partido do 2020 que tamén era o derradeiro da primeira volta para ambas escuadras. Encontro que quedou casi resolto na primeira metade onde as de Muros non concederon ocasións ás de Negreira e marcaron os seus 4 goles a pesares de seguir mostrando dificultades á hora de concretar as numerosas ocasións que xeneran. A clave estivo nas accións a balón parado, foron 3 dos 4 goles materializados en xogadas de estratexia. Gala abreu a lata no minuto 12 tras un bo disparo dende o pico da area, despois Marcela remataría un saque de esquina para facer o 0-2 no minuto 22, Gala repetiría tras executar forte un libre directo algo escorada que sorprendeu por alto á meta nicrariense e Sabela que foi das máis enchufadas das costeiras debutaría como goleadora o transformar un penalti cometido sobre Ainoa no minuto 42. As boas accións da porteira sumadas a apatía en ataque das Miúdas evitaron que o resultado fose máis amplo o chegar o descanso. Laura, que volveu a asumir a responsabilidade da portería nas de Muros non pudo acabar o encontro por mor dunhas molestias e tivo que poñer os guantes Leti no minuto 40. O segundo acto comezou con tódolos cambios feitos nonbando visitante, que solo contaba con 15 xogadoras debido ás baixas. Pero esta segunda parte foi un cúmulo de despropósitos en canto a xogo se refiere e foron as locales as que puxeron máis actitude para buscar algo positivo, e conseguiron batir a Leti en nas 2 ocasións que dispuxeron tras gañar a area nos pes de Violeta co que se chegaría o final co 2-4″.

AD Nicraniense : Luz María, Aldara, Violeta, Gabriela, Myriam, Adriana, Yasmín, María Suárez e María Castro. Tamén xogou : Noa.

ED As Miúdas : Laura, Sofía, Paula, Marcela, Isa, Antía, Sabela, Gala, Marta, Ainoa e Pati. Tamén xogaron : Leti, María, Mariña e Ana.

Goles : 0-1, Gala, (17´); 0-2, Marcela, (22´); 0-3, Gala, (35´); 0-4, Sabela, (42´de penalti); 1-4, Violeta, (52´); 2-4, Violeta, (88´).

Árbitro : Alberto José Cousillas, (sen amonestacións).

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo propias e intransferibles.

-Fotos e Texto : Fran Figueroa

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies