“TROFEO TERESA HERRERA, DA GLORIA O OSTRACISMO”.

A evolución do trofeo na sua historia.

 

Este vindeiro Domingo 8 de Agosto, dende ás 20:30 horas, terá lugar no Estadio de Riazor a 76ª edición do “Trofeo Teresa Herrera”, que enfrontará ao Depor e a Ponferradina, seguramente, xunto co do ano pasado, cun combinado de xogadores do fútbol coruñés, os choques máis cativo da historia do trofeo. Antes ás 17:30 horas terá lugar o trofeo feminino, que se ven xogando dende o 2013.

O torneo naceu en 1946 baixo o amparo do Concello da Coruña e a Xunta Local de Beneficencia, co obxectivo de recadar fondos para os hospitais da cidade nunha época de penurias. Por iso é polo que recibise o nome de Teresa Herrera, muller coruñesa que a finais do século XVIII doou os seus bens para a construción do primeiro hospital público da cidade.

O Trofeo Teresa Herrera dispútase desde 2015 a partido único, tanto na súa modalidade masculina como na feminina. Creouse cun formato a partido único con dous participantes e así se disputaron as súas primeiras 18 edicións. En 1964 o torneo pasou a ser de catro partipantes, cunha estrutura de semifinal, terceiro e cuarto posto e final. Desde entón disputáronse 37 edicións con catro participantes. Tamén se xogaron dúas edicións con formato triangular, as de 2003 e 2005.

Na primeira edición xogaron Sevilla CF e Atlhetic Club de Bilbao, con vitoria dos sevillanos por 3-2. O ano seguinte chegou o primeiro equipo extranxeiro, o Vasco da Gama, brasileiro, que caía por 3-2 ante os bilbainos que repetían.

Non foi ata 1965 cando o Depor xogaría no trofeo, e derrotaba o Atlhetic Club de Bilbao por 2-1, levándose a sua primeira copa. pois o primeiro era unha copa a que se entregaba, da que houbo 6 versións, ata chegar a archicoñecida Torre de Hércules, obra da “Joyería Malde”, da Rúa Real da Coruña. 

Pasaron polo Estadio de Riazor os mellores equipos do mundo e as estrelas máis relevantes da historia do fútbol, o que fixo deste trofeo, que é o decano dos trofeos estivais, un torneo ao que todos querían vor, e o que todos querían ir.

Os dous días do torneo, cando se xogaba no formato de semifinais, 3º e 4º posto, e final acercábanse a Coruña para presencialo en direto milleiros de afeccionados. Era a única maneira de ver en direto aos grandes equipos.

O ascenso de nivael do Depor, competindo de igual a igual con equipos da talla do Mánchester, Asena, Juventus, Milán, Porto, Real Madrid, Barcelona, etc, quitoulle interese ai torneo, que foi decaendo e ainda que trouxeran grandes equipos, a asistencia menguou ata mínimos. Tamén influeu a saturación de fútbol dos afeccionados.

O Depor con 23 vitorias nas finais é o equipo máis alureado do trofeo, seguido do Real Madrid que ten 9 nas suas vitrinas. Peñarol de Uruguai e Dinamo de Kiev, (daquela ruso, hoxe en día ucraino), son os clubes extranxeiros máis laureados, con 2 trofeos cada un.

Un trofeo cunha longa historia que por diferentes motivos, decaeu ata pasar practicamente inadvertido, no ostracismo. Que podería ter máis asistencia cun rival de postín?…Pois seguro que sí, pero nunca o nivel que tivo antigamente, que ademáis de fútbol era unha festa. O Estadio de Riazor, parecía unha romaría, con bocadillos enormes, empanadas espectaculares, botas de viño, café con caña, etc…

Hoxe én día e dende fai anos, é un trofeo para ver o Depor, e nada máis.

O de rivais potentes que non atraen, temos o caso da derradeira visita do Real Madrid, que nos vendero com que viña de balde, pero sen ler a letra pequena, na que o clube branco tiña os dereitos de televisión, para España e para o mundo, co gaio de presentar o seu equipo, e a fichaxe estelar de Cristiano Ronaldo. Pero foi un fracaso en tódolos niveis, poispor aquí o equipo madrileño deixou de ser o que era fai moitos anos, tantos como os que hai dende a irrupción do Super Depor e a suma da chavalada toda daqueles anos e despois os seus fillos. A actual masa social do clube.

-Foto : Libro 75ª aniversario

Texto : piratasdemuxia