TROCO DE DÍA E HORA DO MÉRDIA-DEPOR…UNHA ACCIÓN MÁIS DA NEFASTA 1ª RFEF.

 

Ainda a espera de contra quen xogaremos nós e os do Mérida, no eido do DUX, ca rocambolesca manobra de incorporar un equipo con xa duas xornadas disputadas, o encontro ante o Mérida o o Depor da vindeira xornada, (3ª), pasa do sábado ás 19:30 horas ao vindeiro Domingo 11 de Setembro ás 12:00 horas.

A Federación ten programado unha viaxe, que agora deberá adaptar ao novo día e horario.

O Depor adestrará esta semana en Abegondo, Riazor, e o venres en Zamora, no anexo o Ruta de la Plata, de camiño a Mérida.

Mala emisión de Insports TV

Chegáronnos varios comentarios de críticas de afeccionados que quixeron ver outros encontros dos equipos do grupo do Depor, (xa que o encontro dos deportivistas foi pola TVG2), e coméntannos que segue a mesma teima de Footters e a web de Insports TV cáese de seguido. 

Dende a canle de streaming irlandesa decían trala primeira xornada que ían a solventar este problema, pero o parecer segue fallando.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies