Foi ante o Badajóz a última vez que puidemos ver ao canteirán deportivista, Trilli, un 12 de Marzal. Un choque do peor do equipo branqyuiazul na pasada tempada e no que o lateral dereito deportivista xogou a primeira metade, e xa non saeu na segunda polas molestias no nocello, que viña arrastrando dende que a principios de tempada, cando se lesionaba ca Selección Española Sun 19.
Segundo unha información que baraxa La Voz de Galicia, Trilli será operado dos problemas de nocello, no día de hoxe en Barcelona, polo famoso traumatólogo, Jordi Vega. Trala intervención cirúrxica deberá pasar 10 días na Cidade Condal, baixo a observación do cuadro médico catalán.
Despois retornará a Coruña, para continuar ca sua recuperación, ca idea de estar xa listo para a pretempada do equipo, de aquí a 5 semanas.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia