Hoxe parece un día deses negros no deportivismo, amencíamos ca nova en La Voz, 8que todo lo sabe), que Mario Soriano ía para o Eibar deixando unha cantidade de traspaso, ca opción de voltar a vindeira tempada se ascendemos e sinón o equipo armero terá que pagar outra cantidade para facerse co xogador, xa que o madrileño quédalle esta tempada e unha máis de contrato.
Non pintaba nada ben o día, pero agora de tarse ennegreceuse de todo. Álvaro “Trilli” irá o Barcelona, para adestrar co primeiro equipo e xogar no filiall, neste caso si se dí que o que paga o clube catalán é a clausula de rescisión, que din está nos 200.000 euros. Fai un par de días o director deportivo deportivista, Fernando Sorianao dixo que falou persoalmente con Trilli e que lle ofreceu a renovación, pero como se sabe nestes casos os representantes mandan máis co desexo do xogador.
Con Trilli vaise un gran talento que só ten un culpable de que o faga. Él, (segundo dí o xornal coruñés), esgrime que se vai porque non tivo moita participación a pasada tempada, co único culpable, Óscar Cano, que o privou de xogar, incluso menospreciandoo e poñendo a Villares de lateral cando Antoñito estaba lesionado, ou sancionado. Tamén parte de culpa a dirección deportiva por manter ao adestrador andalúz, máximo culpable de non ascender pola sua ineptitude nos encontros fora da casa.
Fernando Soriano decía na sua presentación que Trilli tiña que ser o “Álex Bergantiños do futuro”, pero convírtese noutro dos que milleiros nos apuntamos a campaña “Un dos nosos”, e vai ser que non.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”