TRILLI, DANI BARCIA E NOEL CONVOCADOS POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB 19, E DAVID MELLA POLA SUB 17.

 

As categorías inferiores da selección española de fútbol teñen postos os ollos na canteira deportivista. O campionato de España xuvenil, a irrupción de moitos deles no primeiro equipo, no filial de Tercera RFEF e na UEFA Youth League non pasaron desapercibidas para os técnicos federativos.

Así, catro futbolistas recibiron a chamada da selección española sub-19 que dirixe Santi Denia e da sub-17 de Julen Guerrero: Dani Barcia, Noel e Trilli para a primeira; e Mella para a segunda.

Os dous combinados nacionais concentraranse para uns adestramentos en Alfaz del Pi (Alacante) do luns 17 ao mércores 19 de xaneiro, xornada no que ao longo da tarde regresarán á Coruña.

Tamén, tal como vos apuntamos no día de onte, tralo sorteo de Dazaseisavos da Copa do Rei Xuvenil, o rival dos deportivistas será o C.Vigo : PREME AQUÍ para ver toda a información.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo