TRES FICHAXES NO FABRIL, UNHA NO DEPORTIVO FEMININO E RENOVACIÓNS NO BERGANTIÑOS FEMININO.

Álvaro Santamaría chega do filial do Atlético de Madrid.

 

Tres novas caras para o Fabril de Gilsánz

O Fabril reforza o seu cadro de cara á próxima temporada, no grupo 1º de Segunda Federación, con estes tres futbolistas:

Fernando Somolinos Bravo (Xixón, Asturias, 4 de abril de 2002) é central. Chega procedente do Sporting de Gijón, onde, en Tercera RFEF, xogou un total de 27 partidos e anotou 4 goles. Firma por 2 temporadas.

Álvaro Santamaría de Blas (Astillero, Cantabria, 3 de xuño de 2004) é lateral ou carrileiro destro. Chega procedente do xuvenil do Atlético de Madrid, onde a temporada pasada xogou 41 partidos entre liga, Youth League, Copa de Campións e Copa del Rey. Marcou 3 goles e firma por 2 temporadas.

Matías Castillo Abascal (Santander, 22 de xullo de 2001) xoga como extremo ou dianteiro. No seu último equipo, o Atlético Albericia de Tercera RFEF, disputou a pasada temporada 31 partidos e marcou 18 goles. Firma por 1 temporada.

Á espera dos movementos que, como filial que é, póidanse producir de xogadores cara ao primeiro equipo ou desde xuvenís ao propio Fabril, neste momento os demais futbolistas con contrato para a próxima temporada son:

Porteiros: Hugo Ríos e Brais Suárez.
Defensas: Marc Lachèvre, Quique Teijo, Ángel Puerto, Alejandro Pereira e Iano Simão.
Centrocampistas: Brais Val, Álex Barba, Rubén López, Jairo Noriega, Diego Gómez e Iñaki Leonardo.
Dianteiros: Tim Caroutas, Mario Nájera, Jesús Ares, David Mella e Martín Ochoa.

Lía nova xogadora do Deportivo Feminino

Rosalía Muíño González, máis coñecida como Lía (A Coruña, 13 de febreiro de 2000) regresa por terceira vez ao Dépor ABANCA para incorporarse ao cadro de cara á temporada 2023-24, na que será a súa cuarta etapa como branquiazul.

Lía, que actúa como centrocampista ofensiva, formou parte do cadro inicial en 2016 e das 3 primeiras temporadas de existencia do Dépor ABANCA, regresou ao comezo da campaña 2020-21 durante a pandemia de COVID-19 e, após abandonar de novo o equipo en xaneiro de 2021, volveu en maio para disputar as últimas xornadas da campaña 2020-21 en Primera Iberdrola.

Cinco renovacións no Bergantiños feminino

Comeza a dárlle forma ao novo proxecto o Bergantiños Feminino para a tempada 23/24.

O Bergantiños FC informa que a capitana Cruz Sánchez e as xogadoras Zaida Táboas, Laura “Mini”, Sofi Rodríguez e Ale Fente renovan o seu compromiso co club para seguir defendendo as nosas cores.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Prensa Bergantiños e RC Deportivo