Tremenda a programación para agosto do Camping Lago-Mar, (Muxía), con obradoiros, ioga, powerfit, concertos comarea e foliada…

O Camping Lago-Mar, en plena Paria do Lago, (Muxía), un paraiso para o descanso e a diversión trae un menú de actividades de todo tipo, tremendamente completo, deporte, reciclaxe, obradoiros, concertos de todo tipo de estilos…e ademáis para completar o paradisíaco lugar e todas estas actividades os seus manxares con prdutos da sua propia horta e de proximidade, nun escenario magnífico e cun trato excelente.
Aquí tedes o que hai para todo este mes de agosto para pasarse por alí ou para achegarse coa tua caravana, de acampada, ou nas suas cabanas, ou mesmamente para ir pasar un cacho agradable.

OBRADOIROS E IOGA
(Primeira quincena)

11/08 Obradoiro Creatividade na Natureza con Inma Gregorio, no que pasaremos unha bonita tarde de creación pintando paisaxes e motivos inspirados na Costa da Morte. Levaredes para a casa un bonito recordo.

14/08 Obradoiro de Tecido exipcio con Sarah Barrientos. Aprenderemos esta técnica coa que crear deseños con teas, como pulseiras ou chaveiros. Tamén vos levaredes un bonito complemento!

Ademais o 16/08 vide gozar dunha mañá de ioga con Lila Búa.

CONCERTOS

Arrancamos o mes cunha dobre tanda da Jam Session de Turnes & The Five Cents Blues Cousins; seguen o dúo Victor y Naxo e máis unha tarde completa de rock and roll con de Killing Floors máis Mal Juicio; teremos o folk acústico de Tomás Porteiro e a mestura de música galega e danza africana de Perfusión.

Desfrutaremos dunha bonita tarde coa voz de Carla Lourdes e non faltará diversión co rock de Centro da Terra; bonito encontro tamén co cantautor e poeta Wilson Saliwonczyk e a música de raíz de Ventura; teremos de volta sobre o escenario gran forza de Pamela Rodríguez; e proxecto enérxico de Helen Helen.

Tamén haberá momento para o jazz de Malasombra
SoLaSol coa súa combinación de clásicos e contemporáneos do mellor da música brasileira.

OBRADOIROS E POWERFIT
(Segunda quincena)

20/08 Obradoiro de Reciclaxe de papel con LuPapeterie. Descubriremos como reciclar papel de maneira artesanal, faremos follas en diferentes tamaños e exploraremos o uso de pigmentos, creando novos papel cheos de cor e formas.

23/08 Obradoiro creación tradicional de taburetes con Sara Riveira. Nova edición deste fermoso obradoiro no que aprenderemos a técnica tradicional de encordar taburetes con corda de algodón retorcida, en diferentes cores, e madeira reciclada.

25/08 Obradoiro de Grabado con Harmonía Bas. Un obradoiro de estampación coa técnica do liño gravado. Xogaremos e estamparemos deseños preciosos que crearemos no momento!

30/08 Obradoiro de baile galego. Queres participar nas foliadas pero non te atreves?? Pois iso acabou! A finais de mes faremos un obradoiro para aprender todo o que precisas saber para saír a bailar e botar uns puntos!

23/08 Temos clase de powerfit con Lila Búa. Unha mañá de movemento e enerxía para o corpo na que entraremos en contacto co noso corpo e aprenderemos exercicios que poder levar ao noso día a día.

CONCERTOS

Seguen os concertos cunha tarde de versións de éxitos do pop da man de Zeltia & Salva, e as versións coidadas de Noiteson; Mapa traerá o seu folk de raíz e artesán; viviremos unha tarde difícil de explicar con Treintañeras Cañeras, máis outra co indie rock de Los Acebos; haberá dúas sesións de música brasileira con Samba dos Amigos; e a mestura de ritmos de Ukestra do Medio .

Recibiremos tamén o blues e rock and roll de David El Cuerdas & K´Landrakers, que está de 10 aniversario; e a voz en acústico da artista Sara Sístole; tamén será unha honra recibir á cantante e compositora Belém Tajes.

Dende Francia chegará o post punk e pop Basic Partner, que compartirá tarde con Mascada; para terminar outra dobre sesión de versións para cantar e bailar con Chekan e Retro Tool .

FOLIADA LIBRE

Terminaremos o mes cunha foliada libre (post clase de baile galego). Bo momento para sacar os instrumentos e botar uns bailes mentres desfrutamos dunha bebida e vistas ao mar.

-Texto e fotos : Prensa Camping Lago-Mar