TRAS DAR A PLANTILLA NEGATIVO NAS PROBAS PCR O FABRIL RETOMA HOXE OS ADESTRAMENTOS DE CARA O INMINENTE COMEZO DA 3ª DIVISIÓN.

 

O Fabril reinicia hoxe venres 16 de outubro os adestramentos en Abegondo, a partir das 10:00 horas. O filial deportivista detivo a súa actividade o pasado mércores 14 de outubro após detectarse o positivo por COVID-19 dun dos membros do seu cadro de técnicos e xogadores. Debido a iso, esta persoa e os seus contactos estreitos foron illados inmediatamente.

Comunicado xa a saúde pública da Xunta de Galicia para que active tamén os seus procedementos, todos os demais xogadores do cadro e adestradores realizaron test onte xoves, resultando todos negativos.

O Fabril ten fixado o seu primeiro partido de liga no subgrupo A de o grupo 1º de Terceira División este domingo 18 de outubro ás 17:30 no campo Alcalde Manuel Candocia das Somozas.

 

De cara ao inminente inicio do campionato ligueiro de Terceira División, o cadro do Fabril, que competirá no subgrupo A, presenta esta listaxe de dorsais:

1. Pablo Brea
2. Israel Pérez Buján ‘Isra’
3. Íñigo Reinoso
4. David Suárez
5. Iván Guerrero
6. Famoussa Kanouté
7. Javi Sánchez
8. Manu Mosquera
9. Adri Castro
10. Diego Villares
11. Álex Boedo
12. Raúl Pescador
13. Alberto Sánchez
14. Alejandro Barba
15. Javi Sanmartín
16. Miguel Ángel Prendes
17. Rayco Rodríguez
18. Juan Cambón
19. Jorge Sarmiento
20. Alejandro Pérez Buján ‘Álex’
21. Víctor Guedes
22. Álvaro Muñoz Yuste

-Foto e Texto : RC Deportivo