TRALO VERGONZOSO ESPERPENTO VIVIDO, SI HABERÁ ACTOS FESTIVOS DA ROMARÍA DA BARCA, A MÁIS IMPORTANTE DE GALICIA E UNHA DAS POUCAS DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL NA NOSA COMUNIDADE.

Charangas, bandas, e grupos de gaitas conforman a parcela musical.

 

As críticas foron inmensas, recibimos unha cantidade enorme de correos e mensaxes de todo tipo ante o esperpento vivido ca anulación dos actos festivos da Romaría da Barca. Houbo un paso atrás, “supostamente” por “unha avalancha de donacións”, para que se levase a cabo a parte festeira da romaría.

Non se pode poñer en dúbida, salvo por cousa grave, unh romaría como a da Barca, co que representa, nen por unha lea antre políticos, nen non políticos. Estas datas sinaladas están por enriba de todo iso. Todo o vivido é un esperpento porque estamos a falar dunha das romarías máis importantes de Galicia, a do Santuario máis visitado da nosa terra de culto Mariano, final do Camiño e da Vía Mariana. A Romaría é unha das poucas en Galicia de Interese Turístico Nacional, (a única na Costa da Morte).

O final parece que a cordura prevaleceu, e haberá ademáis dos actos relixiosos, (que non estaban anulados) e festivos, gardando as normas sanitarias do COVID-19, tal como nos apuntaron nun comunicado de prensa do Departamento de Comunicacións do Concello de Muxía.

Estes son os actos que haberá nesta Barca : PREME AQUÍ.

 

COMUNICADO DO CONCELLO DE MUXÍA

A avalancha de doazóns fai posibles os festexos programados para a Romaría da Virxe da Barca

Ante as adversidades provocadas pola negativa dos grupos políticos do Partido Popular e os concelleiros non adscritos para posibilitar o financiamento, os xestos altruistas da veciñanza e resto de axentes implicados farán posible a conmemoración.

Contarase con estritos protocolos hixiénico-sanitarios para garantir a seguridade de todas as persoas que participen na celebración.

Muxía, 8 de setembroA Comisión de Festas da Barca anunciou esta tarde que, finalmente, os festexos simbólicos programados para a Romaría da Virxe da Barca 2021 serán unha realidade, e tras a avalancha de doazóns -as cales están sendo recollidas nas instalacións de Protección Civil de Muxía- e xestos altruístas que se veñen realizando ao longo de toda a xornada.

Ante as adversidades ás que se viron sometidas as persoas que integran a organización deste festexo, pola negativa dos grupos políticos do Partido Popular e os concelleiros non adscritos Mónica Vilela e Manuel Caramés para posibilitar o financiamento da Barca, a veciñanza e resto de axentes implicados deron un golpe de efecto.

Tanto é así que fogueteiros, músicos e demais artistas participantes queren aportar parte dos seus honorarios para desbloquear a situación, facendo máis épica que nunca esa sentencia de “só o pobo salva ao pobo”.

Un municipio no que abondaba a indignación a principios de semana e cando era coñecedor de que os días máis relevantes de todo o calendario muxián serían tinguidos dunha escura cor polos intereses “políticos” dunha parte das persoas que integran a Corporación.

Cando aínda non asumiramos que a Barca non se celebrara, os xestos tanto individuais como colectivos colmáronos de emoción”, relatan desde a Comisión de Festas, que subliñan o “esforzo maiúsculo nun contexto complicado para todo o mundo”.

É por iso que, a efectos de seguridade, contarase con estritos protocolos hixiénico-sanitarios, e arredor de 50 voluntarios e voluntarias de Protección Civil de toda a provincia desprazaranse cara o municipio muxián para contribuír a que sexa a Barca “máis segura que se recorda”.

Desde a organización comentan que “proximamente” se publicará unha listaxe das actuacións musicais, que serán “organizadas estratexicamente por puntos” e “sendo postas en coñecemento das veciñas e veciños para evitar aglomeracións” nun itinerario seguro. A procesión do domingo será logo da misa das 13:00 horas, e verá modificado o seu percorrido, chegando soamente ao Porto de Muxía.

Será obrigatorio o emprego da mascarilla e ínstase á veciñanza a “respectar en todo momento as medidas impostas polas autoridades sanitarias”.

 

-Texto e Foto : piratasdemuxia