TRALA XUNTANZA TELEMÁTICA CA RFGF CONTINÚA A INCERTIDUME NO FÚTBOL DA COSTA :

 

Durante a pasada Romaría da Barca en Muxía, que se desenrolou dunha maneira atípica, pero na que centos de persoas chegaron andando ata Muxía ou achegáronse a dar unha volta nos seus coches, puidemos falar destendidamente con moitos xogadores, afeccionados e diretivos sobre a volta da competición no fútbol afeccionado e no de base. O sentir unánime é de que está “moi complicado, pois ainda que se decida reanudar, moitos xogadores por medo non se presentarán a xogar, a menos que chegue unha vacuna”. Moi clrificadora a tesitura dun ex do Baiñas : Quen se arrisca a xogar contra xogadores dun pobo no que haxa confirmados contaxiados, se ainda fallan os protocolos das ligas profesionais?…O sentir non difiere en nada das conversas que mantivemos con xente do fútbol costeiro fai un mes.

A cousa en troques de ir a menos, vai a máis, o que fai que a cousa se complique. A RFGF pon da sua parte con baixadas nas mutualidades, dado que se xa estáa ser grande o pau económico para o país, tamén o vai a ser para a entidade deportiva, pero o sentir é moi escuro.

Dende o CF Lira equipo da Liga da Costa, explicaban o que se falou na xuntanza telemática, de como sería a competición, e o sentir do clube na sua “Páxina Roxiña” do FaceBook desta maneira : 

“Os clubes das ligas autonómicas da zona da Costa da Morte tivemos unha reunión telemática con varios membros da Real Federación Galega de Fútbol, entre os que se atopaban o seu máximo mandatario, Rafael Louzán. A complicada situación da pandemia provocada polo virus Covid-19 fixo que os dirixentes dos clubes plantexasen unha morea de cuestións e preguntas ante un hipotético arranque das competicións do fútbol modesto. As respostas dadas na reunión deixan moita marxe de incertidume nas responsabilidades a asumir no cumprimento dos protocolos… ante un probable brote de coronavirus…no eido económico, etc. Ante esta tesitura a gran maioría dos clubes costeiros avogaron por actuar con responsabiliade e declinaron asumir responsabilidades que consideran como impropias polo que non se fixou ningunha data concreta de inicio da tempada, quedando ésta a expensas de como evolucione a situación sanitaria e emprazándonos pra outra vindeira reunión.
Non se abordou ningún tema referente as categorías bases, polo que semella moi improbable que esta tempada os rapaces/as teñan competición. O que sí xa quedou deseñado é o formato da competición da Liga da Costa, que divide a zona en dous grupos: Norte e Sur, con 9 equipos en cada grupo. O remate da competición os 3 primeiros de cada grupo (seis equipos) xogarían unha liguiña polo ascenso, ascenderá só un equipo, o que quede de 1°. Os demais quedarían dentro de 2 grupos (de seis equipos cada un) que xogarán unha liguiña pra evitar o descenso. Descenderán tres equipos: os derradeiros de cada grupo e o peor penúltimo.
Seguiremos informando ante calqueira novidade. Graciñas pola atención”.
.
.
Pola sua banda Gonzalo Lemus, diretivo do SD Camelle da 3ª da Costa, decíanos que : “Nos informaron do plan competicional en caso de que se poda competir, por ahora estase a espera do protocolo da xunta, unha vez establecido ese protocolo, haberá que estudiar a situación e sí é viable e con unhas medidas pos valorar a posible volta a competición.
Unha vez se saque ese protocolo haberá mais reunions donde os clubes decidirán si se compite ou non.
Eso sí, si se compite siempre será con público, por ahora en espacios abertos podese ter hasta 1000 personas pero sentadas, teñen que tar sentados, non se contempla xa desde un principio a volta a competición se non se pode entrar público. O plan competicional no noso caso somos 10 equipos, terminada a liga regular de ida e volta pasariamos a 2 subgrupos de 5 equipos para luchar polo ascenso, subirían os primeiros de cada subgrupos. A día de hoxe ainda estamos a 2 meses vista do que poda pasar e nadie sabe o que vay ser, a día de hoxe para nós e totalmente inviable xogar, penso que sería unha irresponsabilidad por parte dos dirigentes responsables da organización de ditos partidos”.
Dende piratasdemuxia.es o noso maior desexo de que chegue canto antes unha vacuna, ou fármacos efectivos o cento por cento, e recuperemos a vida de antes, tanto no deporte coma no resto das facetas da vida.
.
.
-Foto : piratasdemuxia.es
-Texto : piratasdemuxia/CF Lira/ Gonzalo Lemus