Trala invasión do sábado hoxe segundo día do Mercado das Rutas do Mar de Muxía.

Comezou no día de onte o Mercado das Rutas do Mar de Muxía cun emotivo pregón de Ramón “Tosi” que nos fixo saltar as bágoas a máis de un. Fixo un repaso a sua historia dende neno no mar ata hoxe en día lembrando o seu paso polo oficio, devoción de mariñeiro e lembrando a todos aqueles que non están e que formaron parte da sua vida e a de moitos de nós, nunha abarrotada Praza do Cabo da Vila, para dar paso a festa.

Muxía veuse desbordada de xente deseosa de dar conta dos manxares que se despacharon nos arredor de un cento de postos. Música, teatro, obradoiros, algarabía durante todo o día e ata a media noite, ao longo da Rúa Real, Praza do Cabo da Vila, Praza da Constitución e Rúa da Virxe da Barca, así coma por todo o Malecón.

Hoxe segundo día e remate do Mercado as cousas serán igual, pero con outros contidos na música e nos actos de diversión, co remate final do tradicional asado dun gran peixe espada e o concerto no Malecón de Luar na Lubre.

Nos carteis tedes todo o que hai para hoxe, ademáis dos manxares que se despachan nos postos.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”