TRALA ASEMBLEA DO CF MAZARICOS SEGUE SEN HABER QUEN O COLLA E PERIGA A CONTINUIDADE DO PRIMEIRO EQUIPO QUE CUMPRIRÁ 30 ANOS A VINDEIRA TEMPADA.

Na asemblea mazariquense cumpríronse as medidas de seguridade.

 

Trala asemblea xeral de onte o CF Mazaricos segue sen ter unha diretiva que asegure a continuidade do primeiro equipo que milita na 1ª Galicia G2. Non pasa o mesmo co equipo de Veteranos, Feminino e de Fútbol Sala, que non se ven afectados diretamente pola continuidade do clube no fútbol senior, xa que hai quen sega o fronte destes equipos.

O equipo senior do Mazaricos pende dun fio, despois da asamblea de onte onde se presentaron as cuentas onde se conseguiu acabar a temporada saneado, un equipo que queda con cartos e ainda ten por cobrar unha subvencion, polo que o equipo poderia empezar a tempada seguinte con moita tranquilidade.

Na asamblea falaría Casais, para presentar contas e explicar porque él, e a sua antigua directiva volveron de volta o clube para axudar e reestructuralo con baixada de soldos, para poder chegar a final da tempada.

Non apareceu nova directiva polo que se da de plazo ata final de este mes, para ver se aparece unha nova diretiva. De non aparecer o 30 de Xuño daríase o equipo senior de baixa, nunha tempada, a vindeira, na que cumpliría 30 anos.

Dende a diretiva sainte dinnos que : “Esperamos que de aquí a final de mes se poda formar unha diretiva, onde moitos dos directivos que estábamos axudaríamos na nova etapa, para non ter que dar de baixa o equipo senior, e que para o ano o clube celebre sobre o céspede o 30 aniversario”.

 

-Foto e Texto :  Jorge Villar”Gorrión”/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.