Trala Asemblea Xeral de Socios do SD Ameixenda que milita na 3ª da Costa G4, celebrada o pasado 4 de Xullo, todo apunta a que a diretiva que preside Carlos Trillo, un dos fundadores do clube, continuará ao fronte do equipo.
A xuntanza que tivo lugar Casa da Cultura da Ameixenda, (Cee), non se presentou ningún socio, nen ningunha candidatura a loitar por dirixir o clube para os vindeiros 4 anos. A pesares de que a pasada tempada non foi moi boa futbolisticamente quedando na derradeira praza e con tan só 3 encontros gañados, nun conxunto con moita xente xove, a idea da actual diretiva é a de seguir , pero cumpríronse os 4 anos do mandato e : ” Tal e como esixe o Regulamento Electoral da SD Ameixenda, quedaron expostas na sede do club as bases por si alguén quere presentar a súa candidatura. A data límite de presentación é o xoves 16 deste mes de xullo. Se chegado ese día non se presenta ningunha alternativa, a actual directiva seguirá a fronte do club”.
Con todo eso no clube andan algo doídos ao non presentarse ningún socio a seguir a evolución da mesma, xa que tamén se deu conta do balance deportivo i económico, así como o apartado no que os socios podían facer preguntas ou suxestións : “Ainda que nos estamos dispostos a seguir, tamén nos agradaría que os socios se interesaran e implicaran máis, con alternativas, propostas, etc, que seguramente redundarían en beneficio para o futuro da SD. Ameixenda”.
Con todo iso creen dende o clube que como acostuma a pasar nas asembleas, que maiormente aparece algún socio e algún xogador : “Seguramente este sexa un dos “males endémicos” do futbol costeiro, pero… así estamos”.
Polo tanto e visto o visto se ninguén se presenta antes da xuntanza do 16 de Xullo, haberá continuidade e queda aberta a posibilidade de que se sume máis xente a diretiva actual. O mellor de todo isto é que o futuro do clube non queda no ar.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/Fernando Domínguez
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.