TRABALLADO TRUNFO DO DEPORTIVO FEMININO SOBRE O ATLHETIC CLUB DE BILBAO B, (2-1), PARA SEGUIR LIDERANDO A LIGA.

 

Deportivo Feminino 2-1 Atlhetic Club de Bilbao B

Saeu a polo encontro o equipo deportivista ante un filal do Bilbao moi ben repregado  e que a pesares de non pasar o medio do campo en contadas ocasións, non pasaba apuros. Non os pasou ata que pasou a calidade de Ainhoa Marín, que se interna por banda, tras un bo balón colgado as costas da defensa bilbaina, fai dos quebros dentro da área no perfil dereito, e cruza o tiro a porta. Golazo e merecido 1-0 co que se acabou a primeira metade.

Sairon na segunda metade as deportivistas a polo seguyndo, pero foise diluindo o dominio, e foi crecendo o das vascas que conseguían empatar nun tiro a porta que pegaba nunha deportivista para enganar a Lucía, que pracitcamente pasou desapercibida no encontro, agás un despexe no primeiro tempo a saida dun saque de curruncho.

Tralo gol das bilbainas o ritmo decaeu e tivo uns intres o equipo de Irene Ferreras que non daba collido o sitio, con nervos e precipitación. foi pouco a pouco o equipo sereandose e voltando a xogar con cabeza, e así irína chegando a posicións de ataque con perigo. Foi nun saque de curruncho como chegaba o gol, cun remate de testa de Raquel garcía, que facía xustiza o mérito de uns e outros. Nos 3 minutos restantes e nos máis de 4 de desconto o equipo soubo ter controlado o Bilbao B, manténdoo lonxe da porta de Lucía.

Deportivo Feminino : Lucía, Cris, Altamira, Raquel García, Monteagudo, Paula, henar. Ainhoa Marín, Eva Dios, Charle e Millene. Tamén xogaron : Sara Navarro por Eva Dios, Carlota Suárez por Millene, Carlota Sánchez por Charle, e Patri López por Ainhoa Marín.

Goles : 1-0, Ainhoa Marín, (25´); 1-1, Lucía, (63´); 2-1, Raquel García, (87´).

 

O encontro foi televisado por YouTube e o sábado o Fabril

Tal como xa vos apuntamos o encontro foi televisado pola canle do RC Deportivo de YouTube e foi seguido en direto por preto de 5.000 afeccionados en direto. Na propia canle podes velo de novo en diferido se che apetece. Digno de ver o golazo de Ainhoa Marín, propio de Djalminha ou Bebeto. Podes velo no resumo de máis abaixo.

O sábado haberá dobre sesión para o deportivismo, ás 16:15 horas, (15:15 GMT), o Fabril recibe tamén en Abegondo ao CD Estradense, tamén trasmitido en direto pola canle de YouTube do RC Deportivo. Logo ás 19:00 horas, (18:00 GMT), o turno do depor en Riazor, que recibe ao CD Mérida, en encontro da 1ª RFEF, encontro que será televisado pola TVG 2 e pola canle da CRTVG de internet en direto e de balde. Tamén o emitirá a canle de pago Insports TV.

 

RESUMO DO ENCONTRO

 

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo