TRABALLADA VITORIA DO UD CORCUBIÓN FEMININO NA LOITA POLO TÍTULO DA 2ª FASE DA LIGA DE FÚTBOL 7 A CORUÑA GRUPO B.

Vitoria importante do Corcubión na loita polo título.

 

Relámpago SD 1-2 UD Corcubión

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión Feminino) : “Partido con moitas pausas que non nos permitiu coller o noso ritmo. Aínda así contamos con moitas ocasións, con 2 golazos dende fora da area de Cubelo e Ana, e sen permitirlle as rivais demasiado, solo un golazo de volea que enganchan dende lonxe”.

UD Corcubión : Elena, Alexandra, Marta, Cristina, María Castro, Cubelo e Claudia, (7 inicial), Elisa, Carla, Maruxa, Noa e Andrea.

Árbitra : Camila Araujo. Amosoulle un cartón amarelo a local, Estefanía.

Goles : 0-1, Cubelo, (4´); 1-1, Top Seck, (15´); 1-2, Ana, (19´).

Próximo encontro : 3ª xornada da loita polo título no que as corcubionesas recibirán o vindeiro Domingo no Novo Cubaleiro ao Unión Campestre B.

Clasificación : As corcubionesas ocupan a segunda praza con 5 puntos, 4 menos co lider, Santa Cruz CF e 1 máis co seu rival da vindeira xornada.

-Foto : Rubén Castillo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”