O “Once” da carreira de Toshack.
O ex adestrador do RC Deportivo, Jonh Benjamin Toshack, (Cardiff-Gales, 22/03/1949), pasou polo programa de deportes da TV3 catalana “Vaques Sagrades”, e nél repasaron a sua traxectoria como xogador e como adestrador. Os conductores do programa pedíronlle ao adestrador gales que fixese un “once” cos que para él foron os mellores xogadores no seu posto. O técnico que dirixeu na sua carreira a equipos de primeiro nivel, fixo o seu “once” e nél inclueu a 3 xogadores do Depor : Rivaldo, Mauro Silva e Bebeto.
A pesares de que a relación con Rivaldo non foi do todo boa, nada de extrañar coa maneira de ser do de Gales, xa que o brasileiro non foi con él onde destapou o tarro das esencias, (o xogador chegou a tirarlle a camiseta na banda o ser sustituido), senón que foi con Carlos Alberto Silva, co que se veu o mellor Rivaldo, incluso mellor co que se veu no Barcelona, e cun compañeiro como Corentín Martíns, ao seu carón, co que fixo unha parella de escándalo, marcando o brasileiro 21 goles e o franco-portugués, 13, xogando por detrás.
Toshack, ademáis de dirixir o Depor, (1995-1997), dirixeu a : Swansea City, Sporting de Lisboa, Real Sociedad, (en 3 ocasións),Real Madrid, (2), Besitkas, Saint-Etienne, Calcio Catania, Real Murcia, Khazar Lankaran, Wydad Casablanca e Tractor Sazi FC, equipo iaraní este último, no que adestrou por derradeira vez. Tamén dirixeu as selecións de Gale, (2 etapas), e a de Macedonia.
Como xogador foi do Cardiff City, Liverpool FC e Swansea City, no que foi campión de 3 Premiers, 1 Copa de Inglaterra, 1 Charity Shield, 2 Copas de Europa, 2 Copas da UEFA e 4 Copas de Gales.
Co Depor queda para a historia a Supercopa do 1996 contra o Real Madrid ao que lle gañamos 3-0 en Riazor, e 1-2 en Madrid, e no que con todo eso non quedou contento co xogo do seu equipo e acuñou a frase de que : “É máis difícil que Mauro Silva marque un gol, que que pase un porco voando por enriba do Bernabeu”, frase que retomou anos despois cun xogador do Real Madrid. Tamén queda marcada na historia do clube a semifinal da Recopa de Europa, na que quedamos apeados de pasar a final, inxustamente, ante o Paris Saint Germain. Outro intre inolvidable foi a vitoria por 7-0 ao Bayern de Munich no Trofeo Colombino de Huelva.
A sua chegada o Depor foi con polémica, en plena crise antre a flota galega e Inglaterra, non quixo falar con ningún medio galego, co seu típico : “No comment”, e na madrugada falou durante unha hora co polémico José María García, o que sentou mal a prensa galega, que non llo perdonou nunca.
Os xogadores que elixeu foron : Arkonada, (Real Sociedad), Chendo, (Real Madrid), Rajkovic, (Swansea City), Hughes, (Swansea City), Gareth Bale, (Selección de Gales), Rivaldo, (Depor), Xabi Alonso, (Real Sociedad), Mauro Silva, (Depor); Ryan Giggs, (Gales), Bebeto, (Depor) e Hugo Sánchez, (Real Madrid). Sobre eles dixo : “Algún non se acordará de min, pero eu si que me acordo deles.
PREME AQUÍ se queres ver a entrevista enteira.
-Foto : Captura “Vaques Sagrades”.
-Texto : piratasdemuxia