TODO POR DECIDIR TRALOS RESULTADOS DOS ENCONTROS DE SEMIFINAIS DA “COPA DA COSTA DE XUVENÍS”.

 

Moita igualdade nos dous encontros de semifinais da ida das Semifinais da “Copa da Costa Xuvenil”, polo que todo queda para os encontros da volta o vindeiro sábado en Corme e Cabana.

O SD Sofán derrotaba por 2-1 ao Corme CF nun choque no que se adiantaban os sofanistas por medio de Ramón aos 19 minutos de xogo e conseguía neutralizar este gol Brais, para os cormeláns, xusto antes do descanso. Brais Calvo, acadaba o gol da vitoria nos derradeiros intres do choque, (83´).

Por outra banda o Xallas FC e o Cabana SD empataban a uns, (1-1). Adrián poñía por diante aos xalleiros no 40, e o empate non chegaba ata o derradeiro suspiro do choque, cando Rubén batía a Iker Arán, xa en tempo de desconto.

-Foto . Cabana SD

-Texto . piratasdemuxia