TODO O TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS PARA ESTA FIN DE SEMANA CUNHA GRAN CANTIDADE DE ENCONTROS EN ZAS.

 

3ª División Nacional
Oroso TM Rios Sangiao – AD Zas Ponciano Nieto    1-4
Alex Rey  – Miguel Rey                 0-3
Raquel Pérez – Raúl López          1-3
Julio Pampin – Alex Blanco           0-3
Dobre (Julio/Alex) – (Raúl/Miguel) 3-2
Alex Rey – Raúl López                   0-3
.
.
Outra victoria clara do AD Zas Ponciano NIeto donde se lle escapou o dobre por querer facer puntos con golpes non entrenados, pois a parella  Miguel / Raúl é moi superior a de Oroso. Sirva coma exemplo que no terceiro sets ían perdendo 9-1 e despois de empatar 9-9, non rematan o set, serviralles para xogar como se debe nos seguintes dobres. En canto aos individuais xogaron os de Zas a gran nivel sendo quizá Alex o que mais destacou no xogo con respecto a outras xornadas, non dando opción algunha a Julio. Raúl segue na súa liña de mellora cada xornada e demostrouno nos dous individuais pois tanto contra Raquel Pérez coma contra Alex Rey, o mellor do outro equipo con diferencia, xogou moi ben ben e con moita seguridade nos golpes, sobre todo contra Alex Rey ao que non dou opción en ningún dos sets. Miguel Rey segue na súa liña de control e seguridade. En resumen, outra victoria mais do AD Zas Ponciano NIeto que non notou a falta do xogador numero un do equipo. É este un bo equipo ao que non se lle nota que falte calquera dos xogadores. 
.
.
1ª División Galega
VTM Pinturas Figueiras – CDTM Top Spin Abapic 4-2
Nico Paz        – Xurxo Santomé  1-3
Julio Figueiras –  Manuel Vilar    3-0
Fco Paz           – Jose Alejandro  1-3
dobre (Fco/Julio) – (Xurxo/Vilar)   3-1
Julio Figueiras – Xurxo Santomé  3-2
Nico Paz         – José Alejandro    3-0
.
.
Con esta victoria o VTM Pinturas Figueiras colocase terceiro na taboa clasificatoria do seu grupo, así sen facer moito ruido. Neste encontro escapouselle o partido a Fco Paz, pero solventouno moi ben Nico Paz gañando o seu primeiro partido da temporada. Segue Julio Figueiras na liña de gañar os seus partidos e contribuir no dobre. 
.
.
.
.
-Proximos encontros-
Sábado 11 de febreiro de 2023.
Será un sábado moi completo de tenis de mesa en Zas, pois haberá unha concentración de segunda división galega con 9 encontros, 3 pola mañá as 11:00 horas e logo pola tarde outros 3 as 16.00 horas para rematar cos tres ultimos as 18.00 horas. Nesta concentración enfrentaranse os equipos de AD Zas Cafeteria Talladas, AD Zas O Pinar e Cambre Anceis contra o grupo formado por Conxo TM e CD Be One Ourense A e CD Be One Ourense B. E no medio da tarde, 17:00 horas, o encontro estelar de AD Zas Ponciano Nieto contra Arteal Compostela 1. Pola sua parte o VTM Pinturas Figueiras desprazarase a Meaño para enfrentarse ao CTM GAM.
.
.
Encontros en Zas
11.00 horas : AD Zas Cafeteria Talladas-CD Be One Ourense B
11:00 horas : Cambre Anceis-Conxo TM
11:00 horas : AD Zas O Pinar-CD Be One Ourense A
16:00 horas : Cambre Anceis-CD Be One Ourense B
16:00 horas : AD Zas O Pinar-Conxo TM
16:00 horas : AD Zas Cafeteria Tallladas-CD Be One Ourense A
17:00 horas : AD Zas Ponciano Nieto- Arteal Compostela 1
                    18:00 horas : AD Zas O Pinar-CD Be One Ourense B
18:00 horas : AD Zas Cafeteria Talladas-Conxo TM
18:00 horas : Cambre Anceis-CD Be One Ourense A
.
.
En Meaño
17:00 horas : CTM GAM – VTM Pinturas Figueiras
.
.
-Foto e Texto : Stevo Zas