Todo o que deron de sí as semifinais das Copas da Costa de xuvenís, cadetes e infantís, desta última falta un choque por xogar que se xoga o mércores 17/06..

 Copa da Costa xuvenil cadete, e infantil

As semifinais da Copa da Costa de base deixaron decididos os finalistas en xuvenís e cadetes, mentres nos infantís queda aínda unha praza por resolver.

Na categoría xuvenil, o SD Sofán goleou ao Dumbría (2-6) e o Outes superou á Esteirana nun duelo máis axustado (1-2), ambos tras encontros con moitos goles e alternancias. A final, Outes FC-SD Sofán.

Nos cadetes, o Sofán impúxose con claridade ao Carnota (6-1) nun partido totalmente dominado polos carballeses. A fila SD Sofán-Outes FC.

Nos infantís, o Xallas xa está na final tras vencer ao Fisterra (1-4), mentres que o Outes tamén certificou o seu pase ao derrotar ao propio Xallas (2-1). A eliminatoria entre Sofán e Cee queda pendente para completar o cadro de finalistas. xogaráse este mércores no O Carral, (17:30 horas).

As finais están previstas para os días 20, 21 e 30 de xuño.

-SEMIFINAIS XUVENÍS-

SCDR Esteirana 1-2 Outes FC

O Outes remonta na segunda metade e métese na final xuvenil

O Outes FC converteuse en finalista da Copa da Costa xuvenil tras derrotar por 1-2 á SCDR Esteirana no Xosé Luis Vara. Nun encontro equilibrado e con alternativas, os visitantes souberon reaccionar tras verse por detrás no marcador e acabaron levando o billete para a final grazas ao acerto de José Lago.

A Esteirana entrou mellor no partido e logrou adiantarse aos doce minutos, obrigando ao Outes a remar contracorrente. Os visitantes melloraron tras o descanso e atoparon o premio nada máis iniciarse a segunda metade. José Lago restableceu a igualdade e, apenas sete minutos despois, culminou a remontada co gol que resultaría definitivo.

Nos últimos compases os locais buscaron o empate con insistencia, pero o Outes soubo defender a súa vantaxe. Xa no desconto, a Esteirana quedou cun home menos pola expulsión de Nauzet.

Goles: 1-0, Pablo (12′); 1-1, José Lago (48′); 1-2, José Lago (55′).

Incidencias: O colexiado Julián Buján Vidal expulsou no tempo de desconto ao xogador da Esteirana Nauzet.

CF Dumbría 2-6 SD Sofán

Un Sofán moi efectivo supera ao Dumbría e alcanza a final

A SD Sofán selou a súa clasificación para a final da Copa da Costa xuvenil cunha contundente vitoria por 2-6 sobre o CF Dumbría no Conco. Os carballeses amosaron unha enorme pegada ofensiva e souberon castigar cada erro defensivo dos locais.

O encontro comezou da mellor maneira para os visitantes, que se adiantaron aos dous minutos por medio de Tasende. O Dumbría reaccionou e Pablo Costa igualou desde o punto de penalti no minuto 12. Porén, a alegría local durou pouco, xa que Breijo devolveu a vantaxe ao Sofán antes da media hora.

Ao fío do descanso, Porteiro transformou outro penalti para ampliar a renda e, xa na segunda metade, o propio atacante asinou o cuarto tanto visitante. Antón fixo o quinto a quince minutos para o final. Marcos Pose reduciu diferenzas para os dumbrieses, pero Iván Castro pechou a goleada no desconto.

Goles: 0-1, Tasende (2′); 1-1, Pablo Costa, de penalti (12′); 1-2, Breijo (22′); 1-3, Porteiro, de penalti (45′); 1-4, Porteiro (53′); 1-5, Antón (75′); 2-5, Marcos Pose (83′); 2-6, Iván Castro (90′).

-SEMIFINAIS CADETES-

SD Sofán 6-1 EFC Carnota

Os carballeses resolven a semifinal cadete cunha goleada incontestable

A SD Sofán clasificouse para a final da Copa da Costa cadete tras derrotar con claridade á EFC Carnota por 6-1. O conxunto carballés dominou o encontro desde os primeiros minutos e deixou a eliminatoria practicamente sentenciada antes do descanso.

De Jesús abriu o marcador moi cedo e Manu Reino ampliou a vantaxe mediado o primeiro tempo. O Carnota conseguiu reaccionar por medio de Roi Caamaño, pero a resposta local foi demoledora. Tres goles en apenas tres minutos, obra de Dani Frade, un tanto en propia meta de Roi Caamaño e outro de Matías, deixaron o marcador nun contundente 5-1 ao descanso.

Na reanudación, Dani Frade completou o seu dobrete e pechou o resultado definitivo.

Goles: 1-0, De Jesús (4′); 2-0, Manu Reino (20′); 2-1, Roi Caamaño (24′); 3-1, Dani Frade (40′); 4-1, Roi Caamaño, en propia porta (42′); 5-1, Matías (43′); 6-1, Dani Frade (47′).

Outes FC 2-1 Xallas FC

Remontada local nun encontro marcado pola tensión final

O Outes FC converteuse en finalista da Copa da Costa infantil tras superar por 2-1 ao Xallas FC nun partido moi disputado e que non estivo exento de polémica nos seus compases finais.

Os xalleiros foron os primeiros en golpear. Nun primeiro tempo equilibrado, Nicolás aproveitou unha das mellores ocasións do seu equipo para adiantar aos visitantes cando se cumpría o minuto 29. A reacción do Outes foi inmediata. Apenas dous minutos máis tarde, Hugo transformou un penalti para devolver a igualdade ao marcador e deixar todo aberto para a segunda metade.

Tras o descanso, o encontro mantivo a mesma intensidade, con alternativas para ambos conxuntos. Sería novamente Hugo quen aparecería para converterse no gran protagonista da tarde ao anotar no minuto 53 o tanto que completaba a remontada e que acabaría sendo decisivo para a clasificación dos locais.

O tramo final estivo marcado pola tensión e as protestas. O colexiado Sergio Miguens Santiago viuse obrigado a intervir con varias expulsións no bando xalleiro, nun desenlace moi accidentado para os visitantes, que remataron o encontro moi minguados de efectivos.

Co asubío final, o Outes celebrou unha clasificación traballada que lle permitirá loitar polo título da Copa da Costa infantil.

Goles: 0-1, Nicolás (29′); 1-1, Hugo, de penalti (31′); 2-1, Hugo (53′).

Incidencias: O colexiado Sergio Miguens Santiago expulsou aos xogadores do Xallas FC Jorge Feal (80′), Tiago (80′), Pablo Teijeiro (80′) e Nicolás Vilariño (80′).

-SEMIFINAIS INFANTÍS-

SD Fisterra 1-4 Xallas FC

O Xallas remonta no Ara Solis e convértese no primeiro finalista

O Xallas FC confirmou a súa presenza na final da Copa da Costa infantil tras impoñerse por 1-4 á SD Fisterra nun encontro no que os locais comezaron mellor, pero no que os visitantes acabaron facendo valer a súa maior efectividade.

O partido non puido arrancar de maneira máis favorable para os fisterráns. Apenas transcorreran dous minutos cando Bruno Buiturón adiantou aos fisterráns facendo soñar ao seu equipo cun posto na final. O Fisterra soubo defender esa vantaxe durante boa parte do encontro, pero o Xallas nunca perdeu a fe nas súas posibilidades.

A insistencia visitante atopou recompensa no minuto 37, cando Bruno Pose estableceu o empate. O tanto deu confianza aos xalleiros, que foron gañando protagonismo co paso dos minutos. Xa no tramo decisivo do choque, o propio Bruno Pose culminou a remontada con dous tantos.

Co Fisterra obrigado a asumir riscos na procura da igualada, os espazos apareceron e o Xallas aproveitounos para ampliar a diferenza nos últimos minutos. Damián Cerqueiro encargouse de certificar a clasificación cun novo gol que pechou o marcador e confirmou o pase dos seus á gran final.

Goles: 1-0, Bruno Buiturón (2′); 1-1, Bruno Pose (37′); 1-2, Bruno Pose (58′); 1-3, Bruno Pose (73′) 1-4, Damián Cerqueiro (80′).

SD Sofán-UC Cee

Este encontro non se disputou o xogar o UC Cee o pasado día 11 o encontro de cuartos co Cabana SD e que tal como xa vos informamos na previa acabou con vitoria dos ceenses por 3-0, polo que o encontro cos sofanistas da semifinal foi adiado a este vindeiro mércores.

Data: 17 de xuño de 2026

Hora: 17:30 

Campo: O Carral

Árbitro principal: Roberto Baña Amado

Asistentes: José Enrique Veiga e Martín Castro

.

-Foto : Marina Busto

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”