A “Familia” do Sporting Bértoa celebrou o título.
O Sporting Bértoa non fallou e si o fixo o seu máximo perseguidor o Club Veteranos Leiloio, ainda que hai que dicilo, aos bertoenses chegáballes 1 punto, e sería moi difícil que erraran en 2 encontros, que quedaban, cando gañaron 14 de 19 e só cederon en 5 encontros, nun deles un empate e nos outros 4, as únicas derrotas, marcando a frioleira de 68 goles e encaixando 30, segundo equipo menos goleado, (xunto co CD Nantón) e tra o Malpica, que só encaixou 22.
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Sporting Bértoa, campión con tódolos merecementos e novo equipo da División de Honra.
Aquí tes como cada semana todo o que deu de si a xornada, as clasificacións de puntos e goleadores :
21ª Xornada
(Domingo 08/05/2022)
SCD Buño 1-5 Sporting Bértoa
Deportivo Carballo 1-4 SD Oza
Sofán SD 3-3 Club Veteranos Leiloio
SD Fisterra de Veteranos 1-2 Corme CF
SD Soandres 0-8 Veteranos SCD Malpica
Descansa : CD Nantón
CLASIFICACIÓN
TABLA MÁXIMOS GOLEADORES
Claudio Pavez, (Bértoa) : 33 goles en 19 encontros
René Gómez, (Corme) : 22 en 18
Pedro Gundín, (Malpica) : 21 en 18
Ángel Casal, (Leiloio) : 19 en 16
Álvaro García, (Leiloio) : 15 en 19
22ª Xornada
-Derradeira xornada de liga-
(Domingo 15/05/2022)
Sporting Bértoa – CD Nantón
SD Oza – SCD Buño
Club Veteranos Leiloio – Deportivo Carballo
Corme CF – Sofán SD
Veteranos SCD Malpica – SD Fisterra de Veteranos
Descansa : SD Soandres
-Foto Sporting Bértoa – La Opinión de A Coruña
-Texto : piratasdemuxia