TODO O QUE DEU DE SI A XUNTANZA POLA 1ª RFEF NA QUE O RC DEPORTIVO QUEDA ENCRAVADO NO GRUPO OESTE.

 

Tal como vos informamos día atras, a Cidade do Fútbol de Rozas acolleu na mañán de hoxe a primeira reunión informativa da Primeira RFEF cos 40 equipos integrantes da competición. Ademais de aclarar os detalles nos que traballou a Real Federación Española de Fútbol para a posta a punto da nova categoría, ao final do acto procedeuse á votación por parte dos clubs da distribución dos equipos entre os dous grupos distribuídos por criterios xeográficos cunha división Este-Oeste. Polo tanto o RC Deportivo queda encradado no grupo dos do Oeste cos representantes de Galicia, Cantabria, Pais Vasco, A Rioxa, Navarra, Castela León, parte de Madrid, Castela A Mancha,  e Extremadura.

 

Após levar a cabo a votación, así quedan conformados os dous grupos da Primeira RFEF:

 

GRUPO 1 GRUPO 2
Racing Club de Ferrol Sevilla Atlético
RC Deportivo Betis Deportivo Balompié
Real Racing Club de Santander Linares Deportivo
RC Celta de Vigo B Atlético Sanluqueño
CyD Leonesa San Fernando CDI
Athletic Club B Algeciras CF
CD Tudelano RB Linense
CD Calahorra FC Andorra
UD Logroñés UCAM Murcia
Real Valladolid Promesas CD Alcoyano
Zamora CF Albacete Balompié
Unionistas de Salamanca CF Real Madrid Castilla
UD San Sebastián de los Reyes Atlético Baleares
CF Rayo Majadahonda Villarreal CF ‘B’
DUX Internacional de Madrid CD Castellón
CF Talavera Gimnàstic de Tarragona
CD Badajoz UE Cornellà
Extremadura UD FC Barcelona ‘B’
Real Unión de Irún CE Sabadell FC
SD Logroñés UE Llagostera

 

O campión de cada un dos grupos ascenderá directamente a 2ª División, os equipos clasificados do 2º ao 5º posto en cada grupo competirán nun “Play-Off”, por outra praza máis no fútbol profesional, mentres que os cinco últimos de cada división descenderán a Segunda RFEF.

Ademais, os propios clubs escolleron en votación secreta ao Dux Internacional de Madrid, Unionistas de Salamanca, Racing Club de Santander, Athletic Club B e CF Rayo Majadahonda como o seu cinco representantes na Comisión de Primeira RFEF, categoría na que cada Club deberá ter, polo menos 6 xogadores sub-23 por cadro, polo tanto haberá unha praza máis para os senior, que podería incrementarse en outra máis en caso de porteiro senior.

 

-Foto : RFEF

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia