TODO O QUE DEU DE SI A XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DO RC DEPORTIVO, NO APARTADO ECONÓMICO E NO DEPORTIVO :

 

O Real Club Deportivo de La Coruña, SAD celebrou na tarde deste pasado mércores, de maneira telemática, a súa Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas, sen presenza física das persoas accionistas e coa presenza na sala, exclusivamente, dos membros do Consello de Administración e da mesa da Xunta, do notario requirido para levantar a acta da Xunta e do persoal de apoio imprescindible.

 

 

Ademáis do estado de contas tamén se falou de cousas deportivas no “Rogos e preguntas” :

“Abanca está a demostrar o seu compromiso total e apoio ao club. Se realmente xurdise unha oportunidade no mercado, seguro que estaría aberto a buscar solucións para conseguir que se puidese facer esa fichaxe. Pero estamos a ver que temos un persoal cun nivel moi alto e non será fácil atopar algo que dea ese plus”, dixo o presidente Couceiro.

Sobre as posibles saidas dixoq eu : “En calquera plantilla equilibrada como a do Deportivo, con dous xogadores por posto, é natural que os que dispoñan de menos minutos poidan querer saír. Pero é unha cuestión técnica, da secretaría e do adestrador, que son os que deben valorar o que é necesario. O noso papel é deixar traballar aos profesionais e avaliar as consecuencias desa análise que fagan. Non teño constancia de que haxa algún xogador que queira saír e imos poñer todos os medios para que os futbolistas importantes queden.

As faladas ofertas por Noel. “Desde a nosa chegada falamos dun proxecto de canteira. Noel e os seus compañeiros foron campións de España e son os máximos expoñentes diso que diciamos. Pero non só trátase de renovar xogadores, senón de darlles medios para que cheguen o mellor preparados posible ao primeiro equipo. A nosa ilusión é que sigan toda a súa carreira aquí. Algúns xa mostraron o seu compromiso e renovaron os seus contratos. No caso de Noel o que escoitamos é que ten a mesma vontade, así que cremos que se pode chegar a un acordo. Confiamos en que poida estar aquí moitos anos. O club está a facer un esforzo económico importante coa oferta que lles trasladamos e eles asumen que é así, así que non creo que o salario sexa un problema. Cremos que o Deportivo é a súa mellor opción e temos confianza en que siga. Ten unha proposta concreta e estamos a esperar unha resposta. Temos a convicción de que poida aceptala. Noel non ten que pensar o que é hoxe o Dépor senón o que vai ser”, dixo Couceiro.

Sobre o contrato de Diego Villares: “Gañouse a posición que ten agora mesmo no primeiro equipo e pensamos que el ten na súa cabeza seguir moitos anos aquí, como nós esperamos que así sexa. Presentámoslle unha oferta que iría acorde ao seu rendemento e confiamos en poder chegar a un acordo”.

Sobre o acordo da liga con CVC, que poderían aceptar en caso de ascenso: “É positivo que existan convenios como ese, pero xa o valoraremos e tamén analizaremos outras vías de financiamento alternativas cando chegue o momento e prodúzase o ascenso ou esteamos próximos a logralo”.

Contentos ca tempada tanto no primeiro equipo, coma no feminino e nos de base : “A tempada ata o de agora é dificilmente mellorable, xa que somos líderes co equipo masculino e feminino. Démoslle tranquilidade á contorna e debemos manter a mesma liña. Temos que seguir sendo prudentes e deixar traballar aos profesionais. A metade de curso non pode ir mellor a cousa, pero imos tentar que siga todo así”.

 

Xunta Xeral Extraordinaria

 

Asistiron presencial e telemáticamente 41 persoas accionistas ou representantes, representando un total de 582.631 títulos.

Sendo o capital social do Real Club Deportivo da Coruña, SAD inscrito no Rexistro Mercantil, á data da Xunta de CORENTA E CINCO MILLÓNS, SEISCENTOS CINCUENTA E SETE MIL CATROCENTOS OITENTA E NOVE EUROS CON VINTE CÉNTIMOS (45.657.489,20€) representado por un total de setecentas cincuenta e nove mil seiscentas noventa e dúas accións (759.692) accións de 60,10 euros de valor nominal, atopábase, presente ou representado, na Xunta Xeral o 76,693% do mesmo.

Por existir o quorum suficiente, a Xunta Xeral celebrouse en primeira convocatoria cos seguintes resultados nos puntos da Orde do Día:

Primeiro.- Informe do presidente ás persoas accionistas relativo á evolución e situación do Real Club Deportivo da Coruña, SAD e as súas Sociedades Dependentes.

Punto informativo

Segundo.- Exame e, no seu caso, aprobación dos seguintes puntos relativos ao exercicio social pechado a 30 de xuño de 2021:

2.1. Exame e, no seu caso, aprobación das Contas Anuais Individuais.

A favor: 582.560 (99,988%)
En contra: 4 (0,001%)
Abstencións: 67 (0,011%)

2.2. Exame e, no seu caso, aprobación da xestión social realizada polo Consello de Administración.

A favor: 582.557 (99,987%)
En contra: 9 (0,002%)
Abstencións: 65 (0,011%)

2.3. Exame e, no seu caso, aprobación da proposta de aplicación do resultado do exercicio pechado a 30 de xuño de 2021.

A favor: 582.571 (99,990%)
En contra: 4 (0,001%)
Abstencións: 56 (0,010%)

Terceiro.- Exame e, no seu caso, aprobación do orzamento correspondente á temporada futbolística 2021-2022.

A favor: 582.526 (99,982%)
En contra: 4 (0,001%)
Abstencións: 101 (0,017%)

Cuarto.- Ratificación de operacións de financiamento e aprobación, no seu caso, dun préstamo participativo convertible por importe de até doce millóns de euros (12.000.000.-€) e autorización ao Consello de Administración para a súa negociación e subscrición con ABANCA.

A favor: 582.560 (99,988%)
En contra: 29 (0,005%)
Abstencións: 43 (0,007%)

Quinto.- Rogos e preguntas.

Punto non sometido a votación

Sexto.- Delegación de facultades para a execución e formalización dos acordos adoptados.

A favor: 582.551 (99,986%)
En contra: 4 (0,001%)
Abstencións: 76 (0,013%)

 -Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Foto : rcdeportivo.es