TODO O QUE DEU DE SÍ A LIGA DA COSTA TRALA DISPUTA DA 7ª XORNADA, (Crónica, fichas técnicas, datos, clasificación, 8ª xda) : :

O Muxía deixou escapar 2 puntos ante o Sporting Zas.

 

Xogábase nesta xornada a primeira praza do grupo no encontro SD San Lorenzo-SD Ponteceso, un encontrro no que o que gañase acabaría na primeira praza en solitario. Os de Verdillo defendían o liderato con 2 puntos sobre os pontecesáns, pero eran estes os que se levaban a vitoria por 1-3 e remontaban aos carballeses na táboa para ocupar a primeira praza e de paso apretar a parte alta da liga, que se está poñendo moi interesante, cos da “Vila de Pondal” mandando cun punto por enriba do SD San Lorenzo e cos mesmo 15 puntos ca Corme CF e CD Muros e dous por enriba do SD Coristanco, (14), e xa un pouqiño máis alonxado, pero nada, dado as alturas de liga que estamos a SCDR Esteirana, (12 puntos). 

O Corme CF é o único equipo que ainda non coñlece a derrota, namentras que no capítulo de revelacións, ollo co CD Muros e o SD Coristanco que son equipos cos que non se contaba estivesen na parte alta e co nivel que están, (sobre o papel), e que estanse amosando como equipos a ter moi en conta, e que se puxeron por méritos propios antre estes equipos chamados a loitar por todo coma o Ponteceso, San Lorenzo ou Corme e por enriba de equipos que deberían estar aí coma Esteirana, Muxía ou Baiñas, polo potencial que se lles otorga, (sobre o papel).

Por abaixo tamén había un duelo direto. O Cabana SD recibía ao SCD Buño, antepenúltimo contra penúltimo, e dado o empate antre ambos, (3-3) e o empate do Sporting Zas ante o Muxía CF, (2-2) e ca sorte de non encaixar un penalti na derradeira xogada do encontro que puido supoñer o 2-3 para os da Vila da Barca. Con todo esto a parte baixa segue igual, a excepción do CD Baiñas que derrotaba ao CF Lira, (3-2) e abre un pouco de fenda con eles, e o mesmo tempo arrima aos que o superan nesta loita, (ainda moi prematura).

 

 Cerqueda 2-3 Castríz 

 

Zas 2-2 Muxía

 

Coristanco 3-1 Cee

 

San Lorenzo 1-3 Ponteceso

 

Corme 3-2 Esteirana

 

Baiñas 3-2 Lira

 

Malpica 1-3 Muros 

 

Cabana 3-3 Buño 

 

DATOS DA XORNADA

GOLES : 37

ENCONTRO CON MÁIS CARTÓNS : Corme-Esteirana con 11, (4-7)

EXPULSADOS : 3, (Fuentes, (Malpica), Maroñas, (Esteirana) e Cambeiro, (SP Zas))

PICHICHI : Sergio “Xuco”, (SD Ponteceso).

 

CLASIFICACIÓN 

1º-Ponteceso : 16

2º-San Lorenzo : 15

3º-Corme : 15

4º-Muros : 15

5º-Coristanco : 14

6º-Esteirana : 12

7º-Lira : 10

8º-Muxía : 9

9º-Cee : 9

10º-Cerqueda : 8

11º-Castríz : 8

12º-Malpica : 7

13º-Baiñas : 6

14º-Cabana : 4

15º-Buño : 3

16º-Zas :2

 

-8ª XORNADA-

Castríz-Cabana : 17:00 horas

Muxía-Cerqueda : 16:30 horas

Cee-Zas : 17:15 horas

Ponteceso-Coristanco : 17:00 horas

Esteirana-San Lorenzo : 17:00 horas

Lira-Corme : 17:00 horas

Muros-Baiñas : 12:00 horas

Buño-Malpica : 17:00 horas

(Horarios a dia de hoxe segundo a RFGF)

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.