TODO O QUE DEU DE SÍ A 3ª DA COSTA TRALA DISPUTA DA 5ª XORNADA, (CRÓNICA, FICHAS TÉCNICAS, DATOS, CLASIFICACIÓN, 6ª XDA) :

 

Bonita se está a poñer a 3ª da Costa, lástima que por unha mala xestión nos derradeiros anos se fora desvirtuando e perdendo equipos, pero os poucos que están e co pesar de que cada semana ten que descansar un o ser impares, están a darlle emoción e a non ser o FC Camariñas, (poñémolo así porque así está no seu escudo, para os que nos preguntan), o resto van moi parexos e con movementos na táboa cada semana.

O FC Camariñas suma 5 de 5, pleno total e cuns números de vértigo, con 19 goles marcados, (cáseque 4 por encontro) e tan só 3 encaixados. Os camariñáns esta semana goleaban a domicilio ao SD Laxe, (0-4) con goles de Javi Antelo, (2), Brandon, e un de Martín Tajes, que con 7 tantos é o “Pichichi” da competición. Por detrás dos camariñáns ven o Outes CF, un equipo que non fai moito era un dos nosos representantes da 1ª Galicia G2, e que segue na procura de voltar a vivir grandes tardes. Os da Serra derrotaban a domicilio ao SD Ameixenda, (0-2), con goles de Eloy e Simón. O SD Ameixenda é o equipo máis xove da competición, o que lle está a penalizar neste inicio de campionato. Un equipo de futuro.

O SD Camelle que ocupa a terceira praza descansou esta semana e coa vitoria do CF Porteño sobre o Sporting Seaia, (3-1), os da Ponte do Porto empataban cos camelláns, ocupando o cuarto chanzo cos mesmos 8 puntos. Os goles porteños chegaban da man de Wii, Pardiñas e Isma Lema. Pola sua banda os de Seaia marcaban por medio de Jorge Parga. Os da parroquia malpicana son o único equipo que ainda non puntuou.

O CD Nantón arrimouse aos da cabeza da táboa tras derrotar ao recén descendido da Liga da Costa, UD Monte Louro, nun choque que tiveron controlado os nantoneses que gañaban no 78 por 2-0 con goles de Iván e Fran Gavín, pero que se lles complicou no treito final co gol do lourés, Juan Manuel, (2-1).

 

-5ª XORNADA-

 

Corcubión 1-1 Castrelo 

 

 Laxe 0-4 Camariñas 

 

Nantón 2-1 Monte Louro 

 

Porteño 3-1 Seaia

 

Ameixenda 0-2 Outes

 

Descansou : Camelle 

 

A XORNADA EN DATOS

GOLES : 15

ENCONTRO CON MÁIS CARTÓNS : Nantón-Outes con 8, (6-2)

(Tan só se amosaron 15 cartóns nos outros 4 encontros)

EXPULSADOS : 0

PICHICHI : Martín Tajes con 7, (FC Camariñas).

 

6ª XORNADA

26/10/2019

CF Castrelo-SD Camelle : 16:30

27/10/2019

Monte Louro-Corcubión : 16:30

Seaia-Nantón : 17:30

Camariñas-Porteño : 17:00

Outes-Laxe : 17:00

Descansa : Ameixenda

CLASIFICACIÓN 

1º-Camariñas : 15

2º-Outes : 10

3º-Camelle : 8

4º-Porteño : 8

5º-Nantón : 7

6º-Laxe : 6

7º-Monte Louro : 5

8º-Corcubión : 4

9º-Castrelo : 4

10º-Ameixenda : 3

11º-Seaia : 0