TODO O QUE DEU DE SÍ A 2ª XORNADA DA PREFERENTE NORTE SUBGRUPO 1 CO ARTEIXO, FISTERRA E BOIMORTO, CON PLENO DE VITORIAS.

 

SD Fisterra 2-0 CD Boiro

O equipo fisterrán desfíxose dun dos “cocos” da categoría, que ainda non hai moito xogaba na 2ª B, tras realizar os fisterráns unha boa primeira metade na que se adiantaban por medio de Ezequial pasado o cuarto de hora de encontro, (17´), e cando todo apuntaba a que se irían a vestiarios con este resultado, Julián López facía o segundo da tarde, (2-0). Tentouno na segunda metade o equipo sureño pero non foi quen de meterse no encontro cun tanto que lle dera opcións a loitar por puntos.

Xallas FC 1-2 Laracha CF

Debut con derrota dos xalleiros, que a semana pasada non xogaban polos problemas federativos do Agrupacin Estudiantil, nun choque no que as cousas comezaban mal para os de Santa Comba, pois aos 3 minutos de xogo chegaba o 0-1, cun penalti na primeira aproximación dos visitantes e que tranformaba, Barroso, (2´). Empataban os xalleiros por medio de Ardián no derradeiro cuarto da segunda metade, (73´), pero un gol de Noe no 87 tiraba por terra todo o traballo contracorrente do Xallas.

UD Paiosaco 0-2 Atlético Arteixo

Derbo intenso antre peisaqueses e arteixáns cun total de 11 cartóns anarelos e un vermello por dobre catón, o do arteixán, Rocha, no desconto final. Adiantáronse os de Arteixo, que continúan mandando na liga, no 52 por medio de Pablo Ramos e facía o segundo 18 minutos despois David Bandeira, (70´), o batir a Ramita.

 

Outros resultados

SD Dubra 0-1 Boimorto CF

Puebla 1-1 Sigüeiro CF

SD O Pino 2-0 Agrupación Estudiantil

 

A Clasificación

Primeiro por golaveraxe po Atlético Arteixo, co SD Fisterra segundo e os mesmos 6 puntos, xunto co Boimorto. Cun punto Paiosaco e sen puntuar o Xallas, no que se refire aos equipos costeiros.

-Texto e Foto : piratasdemuxia