TODO O QUE DEU DE SI A 2ª XORNADA DA 1ª GALICIA DE VETERANOS DA COSTA : “TAN SÓ O SD OZA SUMOU A SEGUNDA VITORIA CONSECUTIVA NUNHA XORNADA CON 4 EMPATES”..

1ª GALICIA DE VETERANOS DA COSTA

O SD Sofán, (vermello) empatou co Soandres.

 

Máxima igualdade nesta segunda tirada da categoría de prata do fútbol veterano da costa, no que tan só o SD Oza, que xogaba de visitante ante o Sporting Bértoa que debutaba en liga, xa que na primeira xornada tocoulle descansar, foi quen de levarse os 3 puntos e por un axustado 1-2. Esta era a segunda tirada da lliga e só os de Oza foron quen de sumar a segunda vitoria consecutiva, que os converte nos líderes en solitario. Polo resto, empate en tódolos encontros. En tres deles foi por 1-1 e no que enfrontaba a Buño e Corme a dous, (2-2).

 

RESULTADOS 

-2ª Xornada-

(Domingo 21/11/2021)

Sofán SD 1-1 SD Soandres

Deportivo Carballo 1-1 Veteranos SCD Malpica

SCD Buño 2-2 Corme CF

CD Nantón 1-1 Club Veteranos Leiloio

Sporting Bértoa 1-2 SD Oza

Descansa : SD Fisterra de Veteranos

 

CLASIFICACIÓN

 

LISTA DE GOLEADORES

-Óscar Pérez, (Soandres CF) : 2 goles

-Robin Mallo, (SD Oza) : 2

-Dani Calvete, (SCD Buño) : 2

-Diego García, (Soandres CF) : 2

 

3ª Xornada

(Domingo 28/11/2021)

SD Fisterra de Veteranos-Sofán SD, ás 10:30 horas

SD Soandres-Deportivo Carballo

Veteranos SCD Malpica-SCD Buñoás 10:30 horas

Corme CF-CD Nantón, ás 09:30 horas 

Club Veteranos Leiloio-Sporting Bértoa

Descansa : SD Oza

 

-Foto de arquivo : Captura de vídeo de arquivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies