Saque de honra de Margarita lamela, alcaldesa de Cee.
Este pasado luns comezaba a Liga de Fútbol Sala de Cee orgañizada polo FSF Villa de Cee e coa colaboración de Suarea, e o Concello de Cee no seu apartado de deporte, tal e como xa vos informamos na previa.
Nesta primeira tirada da liga que se disputou antre o luns e o mércores no pavillón ceense, marcábanse 22 goles antre os 5 choques disputados. Dos 10 equipos só dous quedaban sen ver porta, o SCDR Fumes de Cal e o Panadería Pichín. O equipo que máis forte comezou e lidera por golaveraxe a clasificación é o vimiancés Fidosec/London. Non se deu ningunha igualada nos 5 encontros disputados.
Estes son os resultados :
Wash & Relax Futsal 2-5 Erreuve Osotopedia
Atlético Raices 1-2 FS Villa de Cee
Altamira Futsal 4-0 SDRC Fumes de Cal
Nueva María Teresa 1-2 Bar Rombos
Panadería Pichín 0-6 Fidosec/London
CLASIFICACIÓNS
A segunda xornada non se disputará ata dentro de duas semanas e os seus encontros serán :
-Foto e Clasificacións : Javi Marroco
-Texto : Xosé Búa “Pirata”