TODO O QUE DEU DE SI A 15ª XORNADA DA 1ª GALICIA DA COSTA.

O Mazaricos non puido co Soneira.

 

1ª GALICIA A COSTA/SANTIAGO GRUPO 2B

15ª Xornada

Sábado 12 de Febreiro 2022

CF Mazaricos 2-2 Soneira SD

Hora : 16:30

Campo : Peña d´ouro, (Pino do Val-Mazaricos)

Colexiado : Diego Cedeira Méndez. Amosoulle 3 cartóns amarelos, e 1 vermello direto ao Carreira, (desconto), ao Mazaricos, por 1 amarelo ao Soneira. 

Encontro xogado de poder a poder neste derbi costeiro no que se adiantaban os mazariquenses ao transformar unha pena máxima Kevin no 35 de encontro. Pouco lles duaraba a ledicia aos locais, pois 2 minutos despois De la Sierra poñía as táboas no marcador, resultado co que se ían a vestiarios ambos equipos. Pasada a hora de xogo, Crístian Álvarez facía o segundo dos vimianceses, (68´), que era respondido pouco despois por parte dos do Pedra d´ouro, cun novo tanto de Kevin, (77´). Non se movería o marcador no resto de encontro, ainda que o gol puido chegar por ambas bandas.

 

Domingo 13 de Febeiro 2022

CD Belvís 0-1 CF Dumbría

Hora : 16:30

Campo : “Municipal das Candelas, (Santiago)

Colexiado : Rubén Rodríguez Vaamonde.

 

CD Baio – Corme CF 

Hora : 16:30

Campo : “Platas Reinoso”, (Baio)

Colexiado : Sergio Sánchez Martínez.

 

Volantes de Baño CF 1-1 SD Negreira

Hora : 17:05

Campo : “Eleuterio Balayo”, (Muros)

Colexiado : Carlos Villaverde Mogo.

 

SD Tordoia 2-2 Ponteceso SD

Hora : 16:15

Campo : “Os Gorgullos”, (Tordoia) 

Colexiado : Marco Alejandro Castro Liñares.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia