O EF Juan Cabrejo/Camariñas ten dous equipos en benxamín.
Aquí tes os resultados e clasificacións das Ligas de Fútsal “Costa da Morte” en alevíns e benxamíns, na 13ª xornada, tamén se xogaron encontros pendentes en ambas ligas, que agora están practicamente igualadas en canto a choques disputados. O EMF Camariñas benxamin lidera con autoridade a liga para os outros 3 postos que pasarán a fase final Cabana e Ponteceso parece que non terán problema e logo a derradeira praza está antre Fisterra, Vimianzo, Camariñas B e ata podería entrar na loita o Villa de Cee, xa que ainda quedan 9 xornadas e con moitos enfrontamentos diretos.
Polo que se refire aos alevíns o Manuela Rial segue firme e con todos igualados a partidos na táboa os que acompañen aos ceenses na fase final será o Villa de Cee, Ponteceso e Vimianzo, falla saber a órde en que irán pois leévanse 1-2 puntos antre eles, salvo que algún falle moito nas 9 xornadas que quedan.
AVISO
Na foto o aparecer nenos menores de edade se algún pai, nai, titor ou titora non quer que o seu fillo/a, protexido/a, non salga, non ten máis ca poñerse en contacto connosco e será retirado da foto.
-Foto : Escola de Fútbol Juan Cabrejo/Camariñas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Clasificacións : Fran “Pioto”