Aquí tes todo o que deron de si as duas ligas de veteranos da costa en resultados, as clasificacións dos equipos e o podio dos máximos realizadores, así como a previa da vindeira xornada na División de Honra pois na 1ª Galicia xa rematou a competición.
Na División de honra faltan 2 xornadas para o remate, unha delas é a 17ª que fora suspendida o 26 de Xaneiro por forte temporal. O Atlético Carballo proclamouse indiscutible campión tras gañar o ano pasado a 1ª Galicia con pleno de vitorias. Desta volta só perdeu un encontro que foi ante o segundo clasificado San Ramón, (2-0), o 2 de Febreiro deste ano na 12ª xornada. Sumou un total de 103 goles a favor, sendo o equipo máis anotador, (33 goles máis cos segundos máis goleadores, San Ramón e Sporting Zas), e ten 32 goles en contra, é nestes intres é o equipo menos batido con 1 gol menos co San Ramón, polo que este é un record que lle falta por certificar. O podio da liga 2024/25 péchao o CF Dumbría ainda que perda os dous encontros que restan.
Por abaixo ainda queda por decidir unha praza de descenso co Cabana SD xa descendido e co Corme con 21 puntos en descenso e na salvación está o CF Mazaricos a 2 puntos e o CF Cances e Soneira Veteranos a 4, con 6 por disputarse.
Na 1ª Galicia xogouse a xornada 15ª que fora suspendida ó 26 de Xaneiro polo temporal “Herminia” que curiosamente pasaba a ser a derradeira xornada do campionato e non houbo sorpresas e o Castriz quedou campión de liga con 2 puntos sobre o Oza. Ambos equipos están ascendidos a División de Honra 2025/26. O SD Castriz sumou 16 encontros gañados, 3 empatados e tan só 3 perdidos, sendo neste eido o equipo menos batido. No apartado de máximo goleador gañoulle o SD Oza, subcampión, que marcou 60, 4 máis cos xalleiros e con 5 derrotas quedaron a 2 puntos dos xalleiros. Completa o podio da liga o SCD Buño a 9 puntos dos ocenses e 11 dos campións.
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Atlético Arteixo así coma o SD Castríz e ao ascendido SD Oza.
DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS
-25ª Xornada-
-23/03/2025-
SD Coristanco 5-2 CF Mazaricos
ACD San Ramón Vet. 4-2 Soneira Vet.
CD Razo 0-1 Vet. CF Dumbría
CF Cances 3-4 Corme CF
Cabana SD 0-5 Sporting Zas
ADCV Ponteceso 2-1 SD San Lorenzo
Atlético Carballo SD 3-0 ACD San Román
-CLASIFICACIÓN-
1º Atlético Carballo SD : 65 puntos
2º ACD San Ramón Veteranos : 57 puntos
3º Veteranos CF Dumbría : 44 puntos
4º Sporting Zas : 38 puntos
5º ACD San Román : 37 puntos
6º CD Razo : 34 puntos
7º SD San Lorenzo : 32 puntos
8º ADCV Ponteceso : 31 puntos
9º SD Coristanco : 27 puntos
10º SD Soneira : 25 puntos
11º CF Cances : 25 puntos
12º CF Mazaricos : 23 puntos
13º Corme CF : 21 puntos
14º Cabana SD : 8 puntos
PODIO GOLEADORES
1º- Iván Rojo, (Atl. Carballo) : 34 goles en 27 encontros
2º- Braulio, (Sp Zas) : 27 en 21
3º- Mario Rodríguez, (San Ramón) : 24 en 23
-PREVIA-
-26ª Xornada-
-30/03/2025-
Soneira Vet. – SD Coristanco, ás 10:00 horas
Vet. CF Dumbría – ACD San Ramón Vet., ás 12:00 horas
Corme CF – CD Razo, ás 10:30 horas
Sporting Zas – CF Cances, ás 10:30 horas
SD San Lorenzo – Cabana SD, ás 10:00 horas
ACD San Román – ADCV Ponteceso, ás 10:00 horas
CF Mazaricos – Atlético Carballo SD, ás 10:00 horas
1ª GALICIA VETERANOS
-15ª Xornada-
(Derradeira)
-Xornada suspendida o 26 de Xaneiro-
-23/03/2025-
Vet. SCD Malpica 0-1 SD Oza
SD Fisterra Vet. 0-0 Deportivo Carballo
SCD Buño 2-1 Soandres CF
Sporting Bértoa 2-2 CV Leiloio
SD Castriz 2-0 CD Nantón
SD Sofán 1-2 ADC A Piña
-CLASIFICACIÓN FINAL-
1º SD Castriz : 51 puntos
2º SD Oza : 49 puntos
3º SCD Buño : 40 puntos
4º Veteranos SCD Malpica : 37 puntos
5º SD Sofán : 33 puntos
6º SD Fisterra Veteranos : 32 puntos
7º Soandres CF : 30 puntos
8º CV Leiloio : 28 puntos
9º ADC A Piña : 24 puntos
10º CD Nantón : 21 puntos
11º Sporting Bértoa : 17 puntos
12º Deportivo Carballo : 7 puntos
PODIO FINAL DOS GOLEADORES
1º Robin Mallo, (SD Oza) : 25 goles en 20 encontros, (1p)
2º- Crístian Buitrago, (Soandres CF) : 20 en 13
3º- David Castro, (A Piña) : 16 en 19, (6 p)
–Rubén Gómez, (SD Oza) : 16 en 21
P.D. : Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.
-Foto de arquivo : Jorge Villar “Gorrión”
– Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”