Aquí tes todo o que deu de si a xornada nas duas ligas de Veteranos da Costa federadas, así como as clasificacións e os podios de máximos goleadores e completando a información ca previa da vindeira xornada.
Nesta pasada xornada na División de Honra o San Ramón segundo clasificado recibía o lider Atlético Carballo, no sen lugar a dúbidas o encontro estelar da xornada, foron quen os laracheses de inflixirlle aos carballeses a primeira derrota en máis dun ano, tras ascender a pasada campaña con pleno de vitorias e nesta leva 14 vitorias e dous empates. Coa vitoria do San Ramón, (3-1), empatan a puntos no máis alto cos carballeses líderes por golaveraxe. Por detrás deles dous o Dumbría non pasaba do empate no Conco ante o Zas, (2-2), e perdeu a oportunidade de acercarse un pouco.
Por abaixo o Cabana acadaba a sua segunda vitoria do campionato e era a domicilio ante o Cances, (3-4), equipo dos que están a loitar por afastarse dos postos “quentes”, a só un punto do Corme, penúltimo, ao igual co Coristanco que tamén caía derrotado. O máis beneficiado foi o Mazaricos que derrotou a un rival direto coma o Corme, (2-4), e colle un pouco de aire nunha parte baixa moi apretada.
DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS
-18ª Xornada-
-02/02/2025-
CF Cances 3-4 Cabana SD
CD Razo 1-1 ADCV Ponteceso
ACD San Ramón 3-1 Atlético Carballo SD
SD Coristanco 3-3 ACD San RománVeteranos
SD San Lorenzo 1-0 Soneira Veteranos
Veteranos CF Dumbría 2-2 Sporting Zas
Corme CF 2-4 CF Mazaricos
-CLASIFICACIÓN-
1º Atlético Carballo SD : 44 puntos
2º ACD San Ramón Veteranos : 44 puntos
3º Veteranos CF Dumbría : 32 puntos
4º CD Razo : 29 puntos
5º Sporting Zas : 26 puntos
6º ACD San Román : 25 puntos
7º SD San Lorenzo : 24 puntos
8º ADCV Ponteceso : 21 puntos
9º SD Soneira : 20 puntos
10º CF Mazaricos : 16 puntos
11º CF Cances : 15 puntos
12º SD Coristanco : 15 puntos
13º Corme CF : 14 puntos
14º Cabana SD : 7 puntos
PODIO GOLEADORES
1º- Iván Rojo, (Atl. Carballo) : 23 goles en 13 encontros
2º- Braulio, (Sp Zas) : 19 en 15
3º- Mario Rodríguez, (San Ramón) : 15 en 16
-PREVIA-
-17ª Xornada-
-26/01/2025-
CF Mazaricos-CF Cances, ás 11:15 horas
Cabana SD–CD Razo, ás 10:00 horas
ADCV Ponteceso-ACD San Ramón, ás 11:00 horas
Atlético Carballo SD-SD Coristanco, ás 10:00 horas
ACD San RománVeteranos-Soneira Veteranos, ás 10:00 horas
SD San Lorenzo-Veteranos CF Dumbría, ás 10:00 horas
Sporting Zas-Corme CF, ás 10:00 horas
++++++++
Na loita polo ascenso a día de hoxe hai 4 pretendetes e ningún deles fallou nesta xornada. O lider Castriz presentábase no San Pedro non así o A Piña, polo que se lle daba gañado o encontro por 0-3, a tenor do acta arbitral, e mantén os 2 puntos de ventaxe sobre o Oza que derrotaba ao Deportivo Carballo, (0-3). O Buño, terceiro en discordia e máis distanciado a 5 do segundo e 7 do lider, venceu e sigue apretando a espera dos enfrontamentos diretos, o mesmo que lle pasa o seu veciño Malpica.
1ª GALICIA DE VETERANOS
-16ª Xornada-
-02/02/2025-
Deportivo Carballo 0-4 SD Oza
Soandres CF 2-2 SD Fisterra Veteranos
CV Leiloio 0-2 SCD Buño
CD Nantón 2-0 Sporting Bértoa
ADC A Piña 0-3 SD Castriz
SD Sofán 3-4 Veteranos SCD Malpica
-CLASIFICACIÓN-
1º SD Oza : 33 puntos
2º SD Castriz : 32 puntos
3º SCD Buño : 28 puntos
4º Veteranos SCD Malpica : 24 puntos
5º SD Fisterra Veteranos : 22 puntos
6º SD Sofán : 20 puntos
7º Soandres CF : 19 puntos
8º CV Leiloio : 19 puntos
9º ADC A Piña : 18 puntos
10º CD Nantón : 17 puntos
11º Sporting Bértoa : 16 puntos
12º Deportivo Carballo : 2 puntos
PODIO GOLEADORES
1º- Robin Mallo, (Oza) : 22 goles en 15 encontros, (1p)
2º- Crístian Buitrago, (Soandres) : 13 en 9
-Moha Lharoui, (Soandres), 13 en 12
3º- David Castro, (A Piña) : 12 en 13, (6 p)
-PREVIA-
-17ª Xornada-
-09/02/2025-
Veteranos SCD Malpica-Deportivo Carballo, ás 10:30 horas
SD Oza–Soandres CF, ás 12:00 horas
SD Fisterra Veteranos-CV Leiloio, ás 09:45 horas
SCD Buño–CD Nantón, ás 10:00 horas
Sporting Bértoa–ADC A Piña, ás 12:00 horas
SD Castriz-SD Sofán, ás 10:30 horas
P.D. : Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.
-Foto de arquivo e Texto : Xosé Búa “Pirata”