TODO APUNTA A QUE DE VICENTE ESTÁ FICHADO E QUE ESTÁ MOI PRETO O BRASILEIRO WILLIAM DE CAMARGO.

 

De Vicente fichado, e apunta De Camargo

Comezámos a parecernos a Real Sociedad en algo…no “De”. Tivemos a De la Barrera, ex do equipo “txurriurdín”, queo poñía sempre como exemplo, na sua filosofía de proxecto a longo prazo, e agora seguimos a sumar “De”, coa inminente, (o “La Voz de Galicia” xa o asegura, e parece que teñen “apuntadores” no clube), chegada de De Vicente, (tal e como vos apuntábamos onte), e súmaselle a máis ca probable do brasileiro De Camargo.

Xa se asegura nos mentideiros futbolísticos, galegos e de España que o centrocampista malagueño, Rafa De Vicente, asinará por unha tempada, e outra opcional por obxetivos, e agora coméntase que o dianteiro brasileiro, William De Camargo, (que xa estivo as órdes de Borja Giménez no Cartagena), está próximo a recalar cedido no Depor. O xogador é propiedade do Leganés, que quer ampliarlle o contrato e cedelo, pero antes deberá firmar a ampliación, pois parece ser que acaba a sua vinculación co clube madrileño no 2022.

De Camargo é un dianteiro sen gol, pois non vío porta na pasada tempada no filialdo Valencia CF, e na anterior 3 co Leganés 2B” e ningún no Cartaxena, pero que se desenvolve moi ben na posición de extremo derito, que foi onde o utilizou Borja Giménez na tempada do ascenso a 2ª División co clube cartaxinés. Por tódolos mentideiros apuntan a que está moi preto a sua fichaxe polo equipo deportivista.

Adri Castro podería sair cedido

Tal e como apuntan algúns medos e tendo en conta os movementos que está a facer a dirección deportiva do clube, o canteirán, Adri Castro podería sair cedido para poder disfrutar de máis minutos noutro equipo e non coartar a sua progresión en caso de ter que quentar banquiño.

 

-Foto : www.sportcartagena.es

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies