O Vimiánzo Tenis de Mesa xa é, de maneira matemática, campión da Primeira División Galega. O conxunto da Costa da Morte certificou o título este sábado na cidade da Coruña tras unha contundente vitoria por 0-5 fronte ao CTM Coruña “A”, nun encontro no que non deu opción ao seu rival.
O equipo vimiancés chegaba á cita coa necesidade de sumar tres dos cinco puntos en xogo para asegurar o campionato, pero fiel á ambición que amosou ao longo de toda a tempada, acabou asinando un pleno que reflicte a súa superioridade. A actuación coral do cadro visitante permitiulle pechar o duelo sen ceder ningún punto, nunha demostración de solidez e competitividade.
Con este triunfo, e a falta dunha xornada para o remate da competición, o Vimiánzo Tenis de Mesa logra un éxito histórico, consolidándose como o mellor equipo da categoría. Un fito que supón un importante impulso tanto para o deporte local como para o conxunto das disciplinas minoritarias na comarca da Costa da Morte.
Dende o club quixeron agradecer publicamente, “o apoio recibido ao longo da tempada e, en especial, neste encontro decisivo”, destacando o respaldo da afección como un dos piares fundamentais deste logro.
“We are de champions”
Vimianzo TM Pinturas Figueiras : Julio, Budi, Nico Paz e Paco Paz.
O campionato xa ten dono, e fala vimiancés. A nosa máis cordial noraboa a tódolos/as que forman o clube.
.
.
-Foto e información : Paco Paz
-Texrto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
