TIRO CON ARCO : Os días 5-6 de Xullo celebraranse en Ponteceso o “II Torneo Costa da Morte” e “Trofeo Federación de Aire Libre”.

II Torneo Costa da Morte e Trofeo Federación de Aire Libre

O club de arco de Corme, “Flechas por un tubo”, orgañiza a segunda edición do Torneo Costa da Morte de tiro con arco, conxuntamente co gallo da celebración do Trofeo Federación desta modalidade deportiva, como xa o fixeron o pasado ano.

Tal e como nos apuntan desde o cube cormelán orgañizador do evento deportivo : “Tralo éxito do ano pasado co Trofeo Federación de aire libre e o I Torneo Costa da Morte, este ano non podíamos deixalo pasar. Repetimos formato e voltamos a organizalo conxuntamente coa Federación Galega de Tiro con Arco”.

Cando e onde será?

Sábado 5 e domingo 6 de xullo no Campo Municipal do Pinguel, en Ponteceso.

Formato da competición:
A competición desenvolverase en dúas partes:

  • Pola mañá : clasificatorio do Trofeo Federación, onde todos os participantes competirán pola mellor marca.

  • Pola tarde : esas mesmas puntuacións serviran de base para as eliminatorias do II Trofeo Costa da Morte, que se disputará de forma independente.

 Inscricións:
Realizaranse a través da plataforma dixital Avaibooks, mediante a seguinte ligazón:
👉 https://www.avaibooksports.com/…/trofeo-federacion-de…/

Máis información:
Todos os detalles da competición están recollidos na convocatoria enviada aos clubes.

Tal e como nos comentan para todos vos desde a orgañización : “Agardámoste nunha nova edición chea de emoción, deporte e moitas sorpresas”.

-Cartel : Club de arco “Flechas por un tubo”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies