Tino Fernández explicou aos xogadores a sua dimisión

DEPOR NEWS
Tino está explicando persoalmente os motivos da dimisión a todos.
(Foto : varios Google).

-Tino Fernández explicou aos xogadores a sua dimisión
-Estivo en Abegondo antes do adestramento-

Tino Fernández pasouse por Abegondo para antes do adestramento falar cos xogadores, técnicos e axudantes para explicarlles o motivo da sua dimisión e dos seus conselleiros trala asemblea extraordinaria que se celebrará con toda probabilidade en Xuño. Tras esta xuntanza falou en rolda de prensa Eneko Bóveda que se amosou moi satisfeito do esgrimido polo presidente deportivista, tanto él coma todo o persoal deportivista que estivo presente : Entendeu os motivos da dimisión absolutamente toda a plantilla. Ningún puxo cara de póker nin de ningunha cousa rara. Como xogadores todos os que estamos aquí temos certo deber cara ao máximo mandatario que apostou por cada un de nós. Dixo unha paralbras coherentes e racionais”. Non quixo desvelar nada do que esgrimeu Tino alegando que : O protagonista é el e cando o crea oportuno dará a información. A reunión foi natural“. Falou de que : “este non é un club con resultado incerto” e que non están, “nin un 1 % preocupados pola situación. Nós non temos que pensar máis aló do que nos toca xogar en Soria píllanos lonxe. Só digo que pase o que pase non vai ser por nada que non sexa deportivo. Se volvemos o venres cun 7-0, non haberá que buscar onde non hai. Se sae ben, será porque fariamos as cousas mellor. Toda a culpa ou o mérito do que pase, será nosa”. O presidente deportivista está a explicar a tódolos que forman o clube persoalmente os motivos da dimisión e trasmitindo tranquilidade pola estabilidade do clube no futuro. Por último tocaralle a socios, accionistas e afeccionados, pero como esgrimía o clube no comunicado da dimisión : Pedimos a todo o deportivismo o máximo apoio no que resta de temporada para que se poidan alcanzar os obxectivos, aínda materializables, dos seus dous principais equipos: o ascenso do Real Club Deportivo a LaLiga Santander e o do Deportivo ABANCA á liga Iberdrola”. Un equipo o feminino que ten moitas probabilidades de ascenso se non o agarrotan os nervos. Este Domingo visitan o equipo murciano Alhama CF e na seguinte en Abegondo, para o cal o Deportivo xa comezou unha oferta de entradas para os socios. Se pasa enfronte terá o vencedor da eliminatoria Fermarguín-CD San Juan Grande.
ROLDA DE PRENSA DE ENEKO BÓVEDA
(Por : rcdeportivo.com)
 

Eneko Bóveda, un dos capitáns do Deportivo, pasou esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O defensa vasco advirte que “mentres as matemáticas non digan o contrario, nós non nos imos a enterrar”.

Asegura que, independentemente da situación clasificatoria e o recente comunicado do Club, “a nós aféctanos o feito de que nas últimas semanas non damos a nosa mellor versión. Un dorme peor cando ve que o que podemos ser non o fomos. Esa rabia canalizala para que se note un extra no partido seguinte”.

Confirmou unha reunión do cadro esta mañá co Presidente Tino Fernández: “Veu loxicamente porque houbo unha noticia que el de primeira man queríaa comentar connosco. Falou da súa situación. Cando toque, cando o crea oportuno, cando el que manexa os tempos que necesite dea as razóns, a formulación que queira facer farao. De momento queda como cousa interna”.

Nesta liña sostén que “as decisións que se tomaron foron explicadas aquí dentro con toda a coherencia e naturalidade do mundo. Non me toca a min ser o portavoz do Presidente”.

Bóveda, un dos futbolistas con máis experiencia no fútbol profesional, despois dun ano en ABANCA-RIAZOR cre que “non hai un futuro incerto de preocupación no Club. Sabemos que o Club vai ser ben dirixido, están as estruturas sólidas xa construídas en mans de xente que fixo un gran traballo”.

Por este motivo, opina que “os xogadores temos a total certeza de que estamos nun sitio cunhas bases moi sólidas. Por iso non é unha situación que se poida definir como de incerteza, de sentirnos desamparados… Nin moito menos. Nin un 1 por cento preocúpanos ese tema”.

Lembra que el procede do Athletic Club, “que ten eleccións cada 4 anos. E cada 4 anos non se para o mundo. Simplemente hai unhas eleccións. Por iso a xente non se pon a tremer. Nós desde o punto de vista do xogador non o temos tan presente no día a día quizá porque teñamos nas nosas mans realmente o camiño, a forma de facer o mellor para este Club, que é gañar e subir. Iso está nas nosas mans. Por iso perder a enerxía noutras cousas non nos faría máis que botar freos ao proxecto do Deportivo”.

Engade que “os xogadores temos unhas responsabilidades que son dar o máximo do noso rendemento e evidentemente sentimos un compromiso, unha necesidade de responder a toda a xente, desde afeccionados até a xente que asina os teus contratos… A lóxica de todo profesional do fútbol”.

“Sabemos que o equipo non fixo un bo partido o último día (ante o Extremadura UD). Se nós gañamos todos os partidos de aquí a final de ano, estamos a sorrir todos, desde o Presidente ao Director Deportivo, pasando por todos os cargos que están no Club. Iso está nas nosas mans. Asumimos totalmente a responsabilidade co que haxa que asumir. Para ben ou para mal imos ser nós os protagonistas, os heroes, os culpables ou o que sexa”, conclúe.

Preguntado por unha primeira reunión do cadro onte martes con Carmelo del Pozo, Director Deportivo do Club, indicou que “nos transmitiu confianza. El está a facer un labor de fe en nós. Se percibe aquí unha falta de confianza el é o primeiro en empuxar, el é o primeiro que ten fe cega neste grupo e iso transmítenos a nós. É unha figura importante para nós porque a maioría que están neste equipo foron apostas súas. Para nós, que el, que é o valedor noso, sexa o primeiro que nos apoie, pois é importantísimo e un empuxe vital”.

Respecto ao encontro deste venres 26 de abril no Nuevo Estadio Los Pajaritos de Soria (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV) manifestou Eneko Bóveda que “pase o que pase non vai ser nada que non fose deportivo. Se perdemos, aínda que perdésemos 7-0, aquí non se pode buscar onde non hai. Vai ser porque non preparamos ben o partido, os xogadores non habemos tal… E se o facemos ben é porque as cousas van saíndo mellor. Asumimos toda a responsabilidade, culpa ou mérito, do que vai pasar en Soria”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

 

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento.