TERESA HERRERA SOLIDARIO CON UKRAÍNA CONTRA O METALIST OS HOMES E CONTRA O FAMILAÇAO AS MULLERES..

 

 

O Salón Real do Concello da Coruña acolleu este mediodía a presentación do decano dos trofeos futbolísticos do mundo, o Teresa Herrera, que en categoría masculina alcanza a súa LXXVII edición e en categoría feminina chegará á X.

Ambos disputaranse o sábado 13 de agosto en ABANCA-RIAZOR. Ás 18:00 horas, o Deportivo ABANCA enfrontarase ao FC Famalicão de Portugal, mentres que ás 20:30 h. o Deportivo recibirá ao FC Metalist Kharkiv coa Torre de Hércules de prata en xogo en ambos os casos.

Coa visita do equipo ucraíno o decano dos Trofeos regresa ás súas orixes, xa que naceu fai máis de tres cuartos de século como un torneo solidario e en homenaxe a Teresa Herrera, gran benefactora da cidade da Coruña.

Neste caso, o carácter solidario vén da man da participación do Metalist, equipo dunha das cidades máis castigadas pola guerra en Ucraína: Kharkiv. Por iso, a través dunha Fila 0, todos os Deportivistas, Coruñeses e afeccionados ao fútbol en xeral, poderán colaborar facendo a súa achega a través de AGA (Asociación Galega de Axuda a Ucraína).

A súa presidenta, Natalia Afonina, presente hoxe no acto xunto á alcadesa Inés Rey e o presidente do RC Deportivo, Antonio Couceiro, coordinou co Metalist Kharkiv como se fará chegar esa axuda económica desde A Coruña, tanto ás familias dos veteranos do equipo afectadas pola guerra como ás decenas de familias que viven refuxiadas no Estadio do equipo ucraíno, polo momento, un dos lugares seguros da cidade. Após estas xestións para organizar o Teresa Herrera, AGA xa enviou un trailer de axuda ao Metalist e a Jarkov para iniciar a colaboración que se completará coas achegas solidarias na Fila 0 AGA Ucraína: ABANCA ES7320800000723040270691.

 

 

-Fotos e Texto : rcdeportivo.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies