TERE ABELLEIRA “MELLOR XOGADORA DA 7ª XDA” E MISA E VILLEGAS CONVOCADAS POLA SELECCIÓN ABSOLUTA PROMESAS.

Tere Abelleira, (RC Deportivo ABANCA).

 

Tere Abelleira foi elixida como a “mellor xogadora da 7ª Xda da Liga Iberdrola”, a Primeira División Española do Fútbol Feminino. A capitana deportivista foi polo tanto premiada con este galardón que da maior relevancia ao traballo que están a facer todo o equipo, dando unha lección de humildade e traballo a outros que necesitan comprar a base de talonario un equipo e desprestixiar un fútbol que ainda non estácontaminado pola supremacía do que máis ten.

 

 

Pola sua banda segundo nos informan dende o RC Deportivo : ” María Isabel Rodríguez ‘Misa’ e Noelia Villegas, xogadoras do Deportivo ABANCA, foron incluídas por Montse Tomé na primeira citación da historia da selección española absoluta promesas.

A porteira e defensa branquiazuis forman parte dunha lista de 18 futbolistas que traballarán na Ciudad del Fútbol de Las Rozas durante os días 5, 6 e 7 de novembro.

No curriculum de Misa coas diferentes seleccións españolas hai un título Europeo sub-19 e unha participación nun Mundial sub-20, en 2018, no que alcanzou o subcampeonato.

Pola súa banda, Villegas acudiu a diversas sesións de adestramento das seleccións nacionais sub-16, sub-17 e sub-19, aínda que non chegou a disputar partidos oficiais con ningunha delas.

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) anunciou onte martes a creación da selección absoluta promesas, unha selección que se situará entre a sub-19 e a absoluta.

A selección promesas dá cabida ás xogadoras que acaban a súa etapa nas categorías inferiores e teñen potencial para chegar á absoluta e tamén para as xogadoras que por nivel poderían estar na primeira selección pero por cota non chegan a entrar entre as convocadas en cada concentración.

O funcionamento será como o dun primeiro equipo e un filial, tendo sesións de adestramento simultáneas, podendo disputar partidos de adestramento entre ambas as seleccións”.

 

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.es-RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.