TERCEIRO POSTO DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA NA COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLALOM

“COPA GALEGA PROMOCIÓN DE SLALOM”

Xesús Pena presea de ouro en K1 infantil.
 
O CDM Piragüismo Dumbría terceiro por clubes na Copa Galega de Promoción de Slalom
de Salvaterra de Miño.

 
Segundo nos informa Quique Portela o CDM Piragüismo Dumbría regresou de Salvaterra de Miño con tres medallas e cun terceiro posto por clubes. Xesús Pena Cundíns foi quen tivo a actuación máis salientable, cun triunfo na categoría K1 infantil masculina impondose con solvencia os seus rivais da categoría. Pola súa banda Sara Fernandez Romar e Aroa Lopez Piñeiro tamén subiron ó podium coma segunda e terceira clasificadas na categoría alevín femenino, con Sabela Corbelle cuarta, mesmo posto que Brais Sanchez Cancela no C1 Infantil Masculino. En canto os K1 infantil masculino, Brais Sanchez e Martín Fernandez Romar foron quinto e sexto respectivamente. A proxima competición da Copa Galega de Promoción terá lugar o 12 de maio en Ribadumia.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-