Parreño xogou todo o encontro.
Ourense CF 0-2 Depor
O Deportivo acadou a súa terceira vitoria nesta pretempada ao imporse por 0-2 ao Ourense CF no Estadio O Couto, nun partido correspondente ao Memorial Miguel Ángel. O choque foi pouco vistoso, cun ritmo lento e escasas ocasións, marcado pola calor (30ºC en Ourense) e polo escaso ritmo competitivo propio destas alturas de tempada.
Os branquiazuis, cun once inicial cheo de xogadores que buscan minutos, apenas xeraron ocasións, pero foron efectivos: marcaron nas dúas chegadas claras que tiveron. Pola súa banda, o Ourense, de categoría inferior, só probou a porta unha vez, cun cabezazo frouxo tras un córner que atrapou sen problemas Parreño, que debutaba e xogou todo o encontro. Todo apunta a que Helton Leite será o gardameta titular o vindeiro mércores en Inglaterra, ante o Watford (20:45 hora galega/19:45 GMT), nun encontro que se poderá ver pola canle de YouTube do RC Deportivo.
Chouri fixo o seu terceiro gol.
Primeira metade: pouca historia, pero efectividade
No minuto 38 chegou o primeiro gol, tras un córner sacado por Escudero ao segundo pau, onde apareceu Chouri para adiantarse á defensa e marcar de cabeza. Pouco máis deixou a primeira parte, marcada pola calor e o ritmo pausado.
Segunda metade: trocos e sentenza de Yeremay
Ao descanso producíronse os primeiros cambios: Petxaroman entrou por Samu e Teddy Alloh por Escudero. Non foi ata o minuto 61 cando chegou o carrusel de substitucións, incluíndo o debut de Arnau Comas , (que se enfrontou ao seu irmán, xogador do Ourense), e tamén de Martín Ochoa. No 71 entrou Damián por Dani Barcia.
O xogo seguiu na mesma liña ata que Yeremay rompeu a monotonía cunha gran acción: controlou un pase en longo de Patiño, regateou ao seu defensor e marcou cun tiro cruzado, raso e seco, ao segundo pau no minuto 88.
O Ourense tratou de evitar un novo correctivo como o sufrido polo Compostela na anterior semana (5-0), e mantivo o tipo ante un Deportivo non encaixou nos dous encontros desta semana.
Aliñación do Deportivo:
Titulares: Parreño; Germán, Noubi, Samu, Dani Barcia, Escudero, Rubén López, Villares, Mella, Soriano, Cristian Herrera, e Chouri.
Trocos:
-
Min 46: Petxaroman por Samu, Teddy Alloh por Escudero
-
Min 61: Arnau Comas por Noubi, Patiño por Rubén López, Genreau por Villares, Luismi Cruz por Mella, Yeremay por Soriano, Diego Gómez por Cristian Herrera, Martín Ochoa por Chouri
-
Min 71: Damián por Dani Barcia
Goles: 0-1, min 38: Chouri; 0-2, min 88: Yeremay.
Descanso Dominical
O Dépor adestrarase de novo mañán luns 28 de xullo a partires das 17:00 horas en Abegondo.
PRETEMPADA DEPOR 2025/26
Deportivo 3-2 Famalicão (Yeremay (p), Luismi e Herrera)
-
SD Compostela 0-5 Deportivo: Chouri, (2), Bouldini, Rubén López e Crístian Herrera.
-
Ourense CF 0-2 Deportivo: (Chouri e Yeremay).
-
Watford-Deportivo: mércores 30 de xullo, ás 20:00 horas (hora galega), en Vicarage Road.(en directo en YouTube do RC Deportivo).
-
Middlesbrough-Deportivo: sábado 2 de agosto, ás 16:00 horas, (hora galega), en Riverside Stadium. (en directo en YouTube do RC Deportivo).
-
Deportivo-Real Oviedo: mércores 6 de agosto, ás 19:00 horas, no Estadio Pepe Barrera.
- Deportivo-Le Havre AC: “LXXX Teresa Herrera”; Sábado 9 Agosto a partires das 20:00 horas.
-Fotos : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”