TERCEIRA FICHAXE NO DEPOR, MIKEL BALENZIAGA, E MOVEMENTOS NO DEPORTIVO FEMININO.

 

Tal e compo xa apuntara Fernando Soriano na presentación de Imanol Idiakez o RC Deportivo ven de anunciar a terceira incorporación para a 2023/24, e non é outra que a de Mikel Balenziaga Oruesagasti (Zumarraga, Gipuzkoa, 29 de febreiro de 1988), que asina por unha tempada. O lateral esquerdo vasco ven así a cubrir a baixa de Oleg Levedenko, que foi traspasado a un Primeira luso. O outro posto desta demarcación ocúpao o retornado Retuerta. 

Balenziaga é un lateral esquerdo cunha ampla bagaxe na máxima categoría do fútbol español, na que disputou 278 partidos, 246 co Athletic Club e 32 co Real Valladolid.

Formado na canteira da Real Sociedad, fichou polo Athletic Club en 2008 após xogar dous anos no filial donostiarra, co que alcanzou a internacionalidade Sub-19. No medio dunha primeira etapa de tres temporadas no conxunto branquivermello, durante a que xogou coa selección española Sub-21, foi cedido ao CD Numancia na campaña 2009-2010.

Balenziaga asinou polo Real Valladolid en 2011 e dous anos e un ascenso a Primeira despois regresou a San Mamés, onde disputou as 10 últimas campañas. Nesta década, o lateral esquerdo foi partícipe das conquistas das Supercopas de España de 2016 e 2021 e ademais puido saborear as competicións europeas disputando 36 partidos continentais: 28 en Europa League e 8 en Liga de Campións.

62 partidos en Segunda, entre CD Numancia e Real Valladolid, e 53 en Segunda B coa Real Sociedad B completan a estatística de Balenziaga no fútbol profesional.

 

 

 

 

Mikel Cabado responsable do Deportivo Feminino

Kevin Cabado Sánchez (Curtis, A Coruña, 8 de setembro de 1994) releva a Rocío Candal como responsable do Deportivo ABANCA.

Graduado en Maxisterio de Educación Primaria (especialidade de Educación Física), Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, Técnico Deportivo Superior en Fútbol, dirixiu ao Deportivo ABANCA B desde a temporada 2017-18, etapa na que logrou o ascenso a Primeira Nacional e un título de Copa Galicia Feminina (temporada 2017-18).

Compaxinou o banco do filial feminino co seu cargo de coordinador de fútbol base do Orzán SD, co que o RC Deportivo mantén un convenio de filialidad. Durante este tempo creou unha estrutura de canteira con todas as categorías do fútbol base (benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) logrando os títulos galegos en infantís (4 ocasións) e cadetes (as 2 nas que se disputou o campionato). 

Deste traballo coa base beneficiáronse varias xogadoras internacionais nas categorías inferiores da selección española con pasado ou presente en #ANOSACANTEIRA, caso de Sara Álvarez, Carlota Sánchez, Eva Dios, Aroa Guerra, Paula Novo, Abril Pazos, Elena Vázquez ou Lucía Rivas.

Finalmente, o Club quere agradecer a Rocío Candal a súa profesionalidade e dedicación na súa estancia no Dépor ABANCA, á vez que lle desexa moita sorte no seu futuro profesional.

 

Rocío Candal despídese do Deportivo Feminino

 

Yohana renova co Deportivo Feminino

Yohana Gómez Camino (San Pablo de los Montes, Toledo, 20 de xaneiro de 1994) prolongou o seu contrato co Dépor ABANCA por unha temporada máis, até xuño de 2024.

A porteira toledana aterrou no Dépor ABANCA o pasado verán, procedente do Rayo Vallecano, equipo co que xogou 4 partidos da máxima categoría nacional e 1 de Copa da Raíña no curso 2021-22.

Yohana súmase ao cadro deportivista 2023-24 tralas renovacións de Lucía Alba, Henar Muiña e Cris Martínez durante o curso 2022-23, as recentes ampliacións de Millene, Raquel García, Charle, Samara, Carlota Sánchez e Eva Dios, as xogadoras con contrato en vigor: Inés Altamira, Paula Gutiérrez e Ainhoa Marín, e as fichaxes de Clara Rodríguez (FC Barcelona B), Laurina (Real Betis Féminas), Sara Debén (Fundación Albacete Femenino), Ayaka Noguchi (CP Cacereño Femenino) e Ana de Teresa (Levante UD).

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies