Paco Zas tivo que agurnatr unha Asemblea Xeral de Accionista moi dura e tensa na que se pideu de diferentes maneiras no tramo de “Rogos e preguntas” dende o estrado a dimesión inmediata, (algo que non pode ser xa que hai uns parámetros a seguir por lei), así coma durante ás preto de 3 horas acto.
As contas aprobadas por maioría
Algo máis de 3 millóns en accións presentes dos máis de 10 millóns existentes, votaron as contas e a maioría deu o “si”, habida conta que esa maioría estaba nos próximos a diretiva.
Paco Zas atendeu punto por punto ao exposto dende o estrado
Un Paco Zas moi nervoso pero aguantando os contínuos abucheos, respostou cas suas razóns as peticións dos accionistas que subiron o estrado, pero sen develar nada novo, e tirando de tópicos.
Fernando Vidal presentou a sua candidatura
O máximo favorito, e ata o de agora único candidato presentou o seu proxecto de cara a loitar por segunda vez a presidencia. Pablo Cascallar ex candidato dixo que delegaría as suas accións en Vidal que rematou desvelando apoios para reforzar a plantilla : “Hai preto de 80 millóns de patrimonio negativo, pero ABANCA comprometeuse a apoiar ao Deportivo mediante unha achega inicial para reforzar o persoal e tratar de evitar o descenso. Xerando o apoio suficiente para garantir a viabilidade o club. Capitalizando unha débeda importante e rebaixando a débeda a mínimos históricos. Traballando nunha ampliación de capital aberta a todos os socios que se presentará antes da próxima Xunta. Quero aproveitar para mostrar a miña gratitude publicamente a un amigo que é un gran deportivista que se envorcou neste proxecto…gracias Juan Carlos, (referíndose a Cebrián sobriño político de Amancio Ortega e ex director de INDITEX). Por último, transmitir que non nos imos a render. Sabemos das dificultades, pero quedan 22 partidos por diante. Forza Depor si se pode”, (toda a sua intervención en castelán).
Unión para sair da crise
Esa foi a palabra máis usada na asemblea, a grande maioría dos que subiron a palestra pediron a unión para sair deste mal intre do clube, o peor da sua historia. Tamén se chegoiu a pedir que o equipo deixase de xogar ca camiseta das raias horizontais, tratándoa de un “meigallo”.
Conchado o máis crítico
Rodríguez Conchado, avogado do RC Deportivo nos tempos de Lendoiro, foi o máis duro, xunto co representante dos “Old Face”, que pediron a dimisión inmediata e que deixasen traballar a outros e ter marxe de manobra no mercado de inverno, así coma criticar duramente a xestión de agora e a de Tino Fernández que non estivo presente en persoa, pero sí nas críticas de uns e outros.
Un final de taquicardia
Namentras falou Paco Zas para pechar a asemblea e o auditor dos resultados a sala foi un forno e non pararon as protestas e os abucheos. Conchado indignado e protestando en todo desquiciado acabou por abandoar a sala, protestando contra todo, sen antes subir a platea e encararse co auditoor Rama.
Comeza a loita pola presidencia
Xa se fala de que Fernando Vidal pretende a Fernando Vázquez, Çolak, e Celso Borges para tentar revertir a dirección que leva o equipo. Agora haberá pouco mens de un mes para chegar a asemblea do 13-14 de Xaneiro na que teremos novo predidente, e ir vendo quen son os que se presentan.
PRIMEIRA VITORIA DE LUIS CÉSAR
Tivo que sufrir o Depor para pasar a rolda ante un equipo como Illueca que vai 8º no grupos aragonés da 3ª División, tanto que ata se adiantaron os aragoneses, pero foilles anulado un gol. O Depor que na primeira metade nen tirou antre os 3 paus, na segunda metade e en especial ca entrada de Mollejo e Konén, mandou un balón a madeira e marcou de penalti Samuele Longo, un penalti feito por Mollejo no 38 da segunda metade e un minuto despois en xogada individual de Koné. Primeira vitoria para Luis César, ante un equipo modesto e con pouca brilantez. Primeiro gol de Longo co Depor, e volta de Salva Ruiz trala sua lesión. O alacantino tamén sumou a sua primeira vitoria, así coma Mollejo e Montero.
-Foto e Texto :piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.