TENIS DE MESA : VICTORIA DO VIMIANZO TM NA CASA DO LÍDER DA PRIMEIRA GALEGA.

 

A Sexta xornada da Primeira División Galega de Tenis de Mesa trouxo un dos duelos máis agardados da tempada: o Oroso Ríos Sangiao e o VTM Pinturas Figueiras, primeiro e segundo clasificado respectivamente. O encontro, disputado en Sigüeiro, estivo á altura das expectativas, cun choque igualado, disputado e cheo de intensidade.

O resultado final decantouse do lado dos vimianceses:

Oroso Ríos Sangiao 2-3 VTM Pinturas Figueiras 

Un triunfo de moito mérito para o equipo formado por Julio, Nico, Paco Paz e Budi, que souberon manter a calma nos momentos chave e levarse os puntos nun terreo complicado e ante un rival directo.

Con esta vitoria, o Vimianzo TM convértese no único equipo invicto do grupo, situándose agora no 2º posto, a só un punto do liderato e con un partido menos, o que reforza as súas opcións de asalto ao primeiro posto nas vindeiras semanas.

 O que vén por diante

A próxima fin de semana non haberá competición na Primeira División, pero si na Segunda. O filial do Vimianzo TM afrontará unha dobre saída, visitando Narón para medirse ao equipo local, e tamén ao Club del Mar da Coruña, nunha xornada que pode marcar o seu ritmo na clasificación.

-Foto : Paco Paz

-Texto : Xosé Búa “Pirata”