O VTM sufriu un inesperado tropezo na casa ante o segundo clasificado nun encontro moi igualado. Os vimianceses comezaron fríos, cedendo os dous primeiros puntos (0-2), pero souberon reaccionar con carácter para igualar o duelo.
Cando todo apuntaba a unha remontada completa, o último punto caeu do lado visitante, deixando un axustado 2-3 final.
A pesar da derrota, os de Vimianzo manteñen o liderado da táboa a falta de tres xornadas, dependendo de si mesmos para lograr o título.
VTM: Budi, Paco Paz, Nico Paz e Julio.
2ª GALEGA
Celta Ingenieros Narón 0 Vimianzo TM 5
Club del Mar Senior 1 Vimianzo TM 4
Xornada redonda para o filial do Vimianzo TM na última concentración da liga, disputada no Club do Mar de San Amaro (A Coruña). O equipo asinou dúas vitorias contundentes que certifican unha tempada para o recordo.
Con estes resultados, os vimianceses acadan un meritorio terceiro posto final no seu ano de debut, deixando unha imaxe excelente de futuro e competitividade.
Usamos cookies. Se cres que está ben, só tes que premer en "Aceptar todo". Tamén podes escoller que tipo de cookies queres premendo en "Configuración".
Lea a nosa política de cookies