O tenis de mesa vimiancés continúa colleitando éxitos. A pasada fin de semana disputouse o Campionato Provincial XOGADE 2026, unha cita que reuniu xogadores das comarcas de Ferrolterra, Santiago, Barcala e da Costa da Morte, e na que o club de Vimianzo volveu destacar tanto pola participación como polos resultados acadados.
Un ano máis, o Concello de Vimianzo foi o municipio da Costa da Morte que máis xogadores conseguiu clasificar para este campionato provincial, confirmando o gran traballo de base que se está a realizar arredor deste deporte.
No apartado competitivo, os representantes vimianceses regresaron cun excelente balance. Na categoría cadete, Izan e Jonathan lograron un meritorio terceiro posto. Pola súa banda, Karim e Joey acadaron o subcampionato provincial na categoría alevín, mentres que Simón e Pablo proclamáronse campións provinciais na categoría infantil.
Todos os deportistas estiveron acompañados e dirixidos por Paco Paz, figura clave no crecemento e consolidación do tenis de mesa en Vimianzo.
Estes resultados confirman o gran momento que atravesa o VIMIANZO TM, consolidándose como unha das referencias do tenis de mesa na Costa da Morte e no ámbito provincial.
.
-Información e foto : Paco Paz
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”