A pasada fin de semana non tivo competición o primeiro equipo do Vimianzo Tenis de Mesa, pero si entrou en acción o seu filial, que disputou no IES Terra de Soneira unha nova concentración correspondente á sexta xornada da Segunda División Galega.
A cita reuniu aos equipos : Concello de Ares, Finisterre TM, (A Coruña) e ao conxunto local vimiancés Vimianzo TM, nunha tarde de partidos igualados e bo nivel competitivo.
Vitoria traballada ante o Concello de Ares
No primeiro encontro da xornada, o Vimianzo TM estreouse cun triunfo moi disputado fronte ao Concello de Ares, resolto por un axustado 3-2. Os xogadores vimianceses souberon manter a calma nos partidos decisivos para sumar unha vitoria importante diante da súa afección.
O Ares cae tamén ante o Finisterre
No segundo duelo da tarde, o equipo coruñés Finisterre TM tamén superou ao Concello de Ares polo mesmo resultado (3-2), deixando todo aberto para o enfrontamento final da xornada.
O Finisterre impón a súa experiencia
Xa no terceiro partido, o Vimianzo TM medíase ao Finisterre TM, equipo que contou nas súas filas cunha xogadora de enorme nivel: Elvira García, (foto 1ª der), campioa de Europa de tenis de mesa para persoas con Parkinson.
O conxunto coruñés fixo valer a súa experiencia e acabou levando o encontro por 4-1, nun partido no que os vimianceses competiron con intensidade pero sen poder frear o alto ritmo rival.
O filial segue cuarto
Con estes resultados, o filial do Vimianzo TM mantense na 4ª posición da clasificación do seu grupo con 30 puntos, continuando cunha tempada moi sólida na categoría.
O equipo estivo formado nesta xornada por: Jonathan, Pablo, Joey, Karim e Simón, que volveron demostrar compromiso e progresión nunha liga cada vez máis esixente.
.
-Fotos e información : Paco Paz
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
