TENIS DE MESA DE ALTO NIVEL EN ZAS CO PRE-ESTATAL OS DÍAS 5, 6, 7 E 8 DE NADAL.

Foto de arquivo da temporada pasada reivindicando o rexeitamento da violencia machista 
.
Os vindeiros días 5, 6, 7 e 8 de decembro terá lugar no pavillón municipal de Zas o campionato pre-estatal de tenis de mesa. Nel daranse cita os 164 xogadores e xogadoras que se inscribiron para este evento. Son das categorías benxamin, alevín, infantil, xuvenil, senior e veterán tanto masculina como femenina os cales intentarán clasificarse para o Estatal que é o máximo campionato por categorías do territorio nacional. por eso os mellores de cada categoría intentarán acadar a súa clasificación para dito torneo. Para elo virán a Zas. Así teremos aquí o mais granado da nosa comunidade en tenis de mesa. 
.
E todo baixo os estrictas medidas de seguridade para previr os contaxios do covid-19, que non serán nada novo para os practicantes federados deste deporte, pois na nosa comunidade xa levamos competindo dende o 17 de outubro con cero contaxios grazas a seguir uns protocolos de prevención que dictan a Xunta, a federación galega de tenis de mesa, os concellos donde se compite e os propios clubes. Nelas destacamos a distancia, que en tenis de mesa é doada de facer, a desinfección do material e superficies e a mascarilla, que se usa sempre que non se estea xogando na área de xogo asignada.
.
Así, na pista de mais de 1200 metros cadrados so se montarán 12 mesas e a competición de cada xornada estará dividida en mañá e tarde coa entrega de trofeos as 14 h e as 19 h para que os xogadores que participen pola maña non o fagan pola tarde e viceversa. 
.
A organización e o control do evento correra a cargo da federación galega de tenis de mesa e contará coa inestimable colaboración do Concello de Zas e do equipo zasence de tenis de mesa o AD Zas. Será esta unha oportunidade para demostrar que si se poden traer eventos e campionatos de nivel a esta comarca.
.
-Foto e Texto : Stevo Zas